Contundente derrota do Marín Futsal contra o Melilla Torreblanca (7-1)
Por Redacción
O Marín Futsal sufriu este sábado unha contundente derrota na casa do Melilla Torreblanca, un dos equipos máis en forma da categoría que deixou sen opción ao equipo de Ramiro Díaz.
De feito é que non se cumpriron nin os primeiros dous minutos de xogo cando, tras un roubo no medio do campo, Juliana fixo o 1-0.
O equipo marinense estaba a verse superado desde o inicio e era incapaz de reaccionar. Tentaba saír co balón controlado pero unha vez chegaba a área rival enseguida perdíao. O Melilla, pola contra, volvía castigar un minuto despois por medio de Bea Souza.
Ramiro Díaz parou o cronómetro pero foi incapaz de corrixir as imprecisións das súas xogadoras, que se atoparon co 3-0 cando tan só transcorreran seis minutos de xogo.
O Torreblanca estaba a ser unha auténtica apisoadora en ataque e seguiu facendo das súas. Amandinha subiu o 4-0 no minuto 10, e Silvina o 5-0 no 18. Un minuto despois, a local Thais marcou en propia o único gol da tarde do cadro marinense e enviou o encontro ao descanso nun avultado 5-1.
Xa no segundo tempo e con todo o peixe vendido a ofensiva local relaxouse e só Ana Luiza e Bea Souza viron portería. A primeira no minuto 28 e a segunda no 35.
Consulta a acta nesta ligazón
Relacionadas:
-
Sorpresa na Raña coa goleada do Marín Futsal ao Alcorcón (6-1)
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
O Marín Futsal sofre un novo revés na Raña (4-7)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
O último tren cara ao play-off do Poio Pescamar pasa por Alcorcón
Por Redacción |
-
Poio Pescamar e Marín Futsal vencen a Burela e Castro e cítanse na final da Copa Galicia
Por Diego Espiño |
-
O Marín Futsal roza a sorpresa no Sequelo fronte ao potente Futsi Atlético (3-4)
Por Redacción |
-
Plácida goleada do Marín Futsal ao pechacancelas Leganés (1-7)
Por Redacción |