Sabela Castelo suma un novo título nacional no Campionato de España Sub-16
Por Redacción
Valencia foi escenario a fin de semana do Campionato de España Sub-16 de Atletismo en Pista Cuberta, unha cita na que a Sociedad Gimnástica estivo representado por Sabela Castelo e por Guille Piñeiro.
Especialmente destaqcado foi o renidmiento da primeira, e é que Sabela colecciona medallas esta tempada.
Nesta ocasión Castelo levou o ouro do Campionato de España na carreira dos 3.000 metros, e fíxoo con autoridade parando o cronómetro nun tempo de 09:52.75, con 13 segundos de vantaxe sobre Rabab Ouzemmou e Alejandra Ortuño, prata e bronce respectivamente.
Pola súa banda Guille Piñeiro asinou un notable posto de finalista ao ser sexto nos 60 metros valas cun tempo na final de 8.67. Ademais na semifinal marcou un 8.60 que supuxo un novo récord galego sub-16 nesta proba.
Tammbién en Gavá, onde se disputaba o Campionato de España de 5.000 e 10.000 metros, pisou o podio a Gimnástica, cunha medalla de prata conseguida por Sabela Martínez nos 5.000 metros Sub-18. Isa Caeiro pola súa banda foi sexta na categoría Sub-23.
Relacionadas:
-
Dobrete da Gimnástica no Campionato Galego de Clubs
Por Redacción |
-
Paso firme da Gimnástica na primeira xornada do Campionato de España de Clubs
Por Redacción |
-
Desvelado o camiño da Gimnástica no Campionato de España de Clubs de División de Honra e Primeira División
Por Redacción |
-
Hugo Casañas, novo ouro nacional en Valencia
Por Almu Dapena |
-
Sabela Martínez colga o ouro no Campionato de España Sub-18 en pista cuberta
Por Redacción |
-
Os atletas da Gimnástica suman experiencia no Campionato de España Absoluto en Pista Cuberta
Por Redacción |