Os atletas da Gimnástica suman experiencia no Campionato de España Absoluto en Pista Cuberta
Por Redacción
A pista de atletismo de Expourense foi escenario a fin de semana do Campionato de España Absoluto en Pista Cuberta, unha cita que non se perdeu a Sociedad Gimnástica.
Foi unha competición na que os atletas do club pontevedrés, aínda que non lograron aproximarse ao podio, si sumaron unha importante experiencia pensando xa na tempada ao aire libre.
Ata 12 deportistas representaron á Gimnástica en Ourense, abrindo a participación Oriol Madi nos 200 metros lisos. Madi meteuse nas semifinais cun crono de 21.51, tempo que non logrou mellorar na rolda que daba acceso á final sendo cuarto na súa quenda.
A xornada de sábado arrincou con Sergio Coello no salto de lonxitude, finalizando na oitava posición cun mellor intento de 7.08 metros, mentres que a velocista Cristina Garrido asinou un tempo de 7.66 segundos nos 60 metros lisos que non lle chegaron para pasar á final. Nesa mesma distancia participou Gabriel de la Cruz, sendo sétimo na última semifinal cunha marca de 6.98.
Preto de meterse na final do 1.500 estivo Pablo Bocelo cun tempo de 4:01.58, do mesmo xeito que o seu compañeiro Hassan Izzedine (4:01.89). Nesta distancia, pero na proba feminina, participou a benjamina da expedición da Gimnástica. Sabela Martínez, sendo oitava na segunda semifinal cun tempo de 4:35.13, a súa mellor marca dela tempada.
Alexis Miguéns participou nos 400 metros lidos sendo quinto na súa semifinal (48.62 segundos), sen lograr pasar á quenda definitiva. Mesmo posto logrou Mario Revenga nos 60 metros valas (8.16) proba na que non puido participar Joao Alexandre Ribeiro por problemas físicos.
A Gimnástica si estivo representada na final dos 3.000 metros, onde Carlos Porto asinou o 13º mellor tempo (8:38.53).
Por último, pechou o campionato Oriol Almirall cun notable quinto posto no salto con pértega (5.20 metros) igualando o récord do club que ostentaba Mario García Durante desde o ano 2011.
Relacionadas:
-
Dobrete da Gimnástica no Campionato Galego de Clubs
Por Redacción |
-
Desvelado o camiño da Gimnástica no Campionato de España de Clubs de División de Honra e Primeira División
Por Redacción |
-
Sabela Castelo suma un novo título nacional no Campionato de España Sub-16
Por Redacción |
-
Sabela Martínez colga o ouro no Campionato de España Sub-18 en pista cuberta
Por Redacción |
-
Sabela Castelo revalida o seu título de campioa de España de cros
Por Redacción |
-
A Gimnástica roza o dobrete na Copa Xunta de atletismo en pista cuberta
Por Redacción |
-
A Gimnástica e o Pinarium soben ao podio no Campionato Galego de Campo a través
Por Redacción |
-
Catorce atletas súmanse a Jean Marie Okutu na renovación do equipo masculino da Gimnástica
Por Alejandro Espiño |
-
A Gimnástica reforza o seu equipo feminino con seis novas incorporacións
Por Redacción |