A Gimnástica e o Pinarium soben ao podio no Campionato Galego de Campo a través
Por Redacción
Ribavadia acolleu o domingo 7 de xaneiro o Campionato Galego de Campo a Través, unha cita na que a Sociedad Gimnástica de Pontevedra e o CD Pinarium de Marín pisaron postos de podio.
O club pontevedrés fíxoo en varias categorías, empezando pola absoluta feminina na que foi terceira tras o Ría de Foz e o Ourense Atletismo cunha actuación destacada de Isa Caeiro (prata sub-23 e bronce absoluto).
Ademais a Gimnástica foi campioa na categoría sub-18 feminina e subcampioa na sub-16, cun ouro individual na primeira desas categorías para Sabela Martínez e unha prata na segunda para Sabela Castelo.
O Club Deportivo Pinarium celebrou polo seu poarte un resultado histórico para eles co terceiro posto por equipos na categoría absoluta masculina, só sendo superado polo Lucus e o Atletismo Narón. Ademais o seu equipo feminino finalizou quinto.
A entidade marinense estivo representada por Manuel Lorenzo, Alan Sardinero, Jordi Carrasco, José Santiago, Roberto Martínez, Manuel Sobral, Pablo Iglesias, Andrés Rodríguez, José Omil e Antonio Carballo
"Teño que dicir que foi dos días máis felices desde que arrincou este club. Estou moi orgulloso tanto do equipo masculino por ese podium histórico para nós, como co 5° posto das nosas mozas", afirmou tras a competición o presidente do Pinarium, Diego González.
Relacionadas:
-
Os atletas da Gimnástica suman experiencia no Campionato de España Absoluto en Pista Cuberta
Por Redacción |
-
Sabela Castelo revalida o seu título de campioa de España de cros
Por Redacción |
-
A Gimnástica roza o dobrete na Copa Xunta de atletismo en pista cuberta
Por Redacción |
-
A véspera de Reis é sinónimo de atletismo en Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Catorce atletas súmanse a Jean Marie Okutu na renovación do equipo masculino da Gimnástica
Por Alejandro Espiño |
-
A Gimnástica reforza o seu equipo feminino con seis novas incorporacións
Por Redacción |
-
A Gimnástica presenta á súa nova mascota, 'Ravatleta'
Por Redacción |