Gran final de partido do Waterpolo Pontevedra en Zaragoza para facerse coa vitoria (11-13)
Por Redacción
Terceira xornada da fase pola permanencia en Primeira Nacional Feminina e segunda vitoria para o Waterpolo Pontevedra tras superar á Escuela Waterpolo Zaragoza por 11-13.
A pesar de que o equipo zaragozano ocupa a sexta posición a só dous puntos do pechacancelas, as pontevedresas tiveron serias dificultades para facerse cun triunfo que se decidiu nos instantes finais.
En canto ao partido, foron as visitantes as que se fixeron co primeiro parcial favorable despois de voltear o 1-0 inicial co que Izarbe Acin abriu o partido. Un gol de Irene Esteban e un dobrete de Iria Amoedo significaron o 1-3, pero dúas inferioridades numéricas case seguidas do Waterpolo Pontevedra permitiron ao Zaragoza devolver o empate.
Ao comezo do segundo parcial as locais tomaron unha vantaxe de dous goles, pero as pontevedresas mantiveron o pulso e o duelo non tardou en retornar á máxima igualdade.
Foi no último cuarto cando todo cambiou. Ainhoa Chicote anotou o empate a 9, Andrea Andión fixo o 9-10 de penalti e Kike García pediu tempo morto coinciendo coa expulsión da xogadora local Nerea Coloma. Carmen Carrera non desaproveitou a superioridade e subiu o +2 a falta de 4 minutos para a conclusión, Valentina Restrepo tamén foi expulsada, Andrea Moya apertou o marcador, pero de novo Carmen Carrera apareceu no momento indicado para facer o 10-12.
Quedaban pouco máis de dous minutos para a conclusión e o Waterpolo Pontevedra tiña que aguantar custase o que custase. A adestradora Susana Escolano parou o cronómetro, pero Iria Amoedo marcou o gol da sentenza a falta de 43 segundos.
Era a quenda das zaragozanas de atacar e Andrea Gil non perdoou, asinando o 11-13 co que o envite chegou ao seu fin.
Relacionadas:
-
Derrota do Waterpolo Pontevedra ante o líder Alcorcón (14-12)
Por Redacción |
-
A permanencia, a tiro para o Waterpolo Pontevedra (12-11)
Por Redacción |
-
O Waterpolo Pontevedra cae en Rías do Sur contra o Leioa (9-12)
Por Redacción |
-
Derrota do Waterpolo Pontevedra no último suspiro (14-15)
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Vitoria clave para o Waterpolo Pontevedra na súa loita pola permanencia (11-14)
Por Redacción |
-
O Waterpolo Pontevedra inicia a fase pola permanencia en Primeira Nacional
Por Redacción |