O Consello de Administración do Pontevedra reúnese de urxencia para abordar a situación deportiva do equipo
Por Redacción
O Consello de Administración do Pontevedra reúnese de urxencia desde as 12:00 horas na sede de Benito Corbal ante o preocupante refacho de resultados do primeiro equipo, que só logrou sumar 9 puntos dos últimos 27 posibles na Terceira División.
A derrota avultada e humillante sufrida en Ordes (3-0) desencadeou un encontro no que se discute a situación deportiva e a imaxe que o Pontevedra está mostrando nas últimas xornadas, que xa ocasionou a primeira rifa da tempada en Pasarón hai só sete días despois do empate ante o Bergantiños.
Na reunión, ademais dos conselleiros da entidade, atópase Lupe Murillo en calidade de asesora.