Un incendio na Guarda calcina material que se ía usar na montaxe da Gladiator Race de Pontevedra
![Diego](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/5df/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/570532d2ea-20160329-patxot-diego-espino-1009.jpg)
Por Diego Espiño
Creada e actualizada
Creada e actualizada
Un suceso ocorrido durante a madrugada deste xoves nunha nave situada na Guarda, no lugar da Gándara, condiciona a edición 2024 da Gladiator Race Pontevedra.
O incendio calcinou parte do exterior da instalación, afectando a material deportivo que alí se atopaba almacenado.
Trátase do material que estaba previsto usar para montar os obstáculos da Gladiator Race, fixada para o vindeiro sábado 1 de xuño na Illa das Esculturas.
O incendio declarouse ao redor das 3.30 horas da madrugada, obrigando os efectivos de emerxencia a actuar durante tres horas na súa extinción.
A popular proba deportiva pechara xa o seu prazo de inscrición esgotando todas as prazas dispoñibles.
Pese ao inconveniente e os problemas xerados por esta situación, a organización da Gladiator Race asegurou nun comunicado que segue adiante coa súa celebración e que "desde xa estamos a traballar a contrarreloxo para sacar adiante a proba sen defraudarvos, con todos os obstáculos posibles".
Relacionadas:
-
A Gladiator Race triunfa contra as adversidades na Illa das Esculturas
Por Almu Dapena |
-
Haberá cortes de tráfico este sábado con motivo da Gladiator Race
Por Oskar Viéitez |
-
A Xunta prohibe as queimas desde este xoves
Por Oskar Viéitez |
-
Traballando "15 horas ao día" para sobrepoñerse a un incendio "intencionado, con ganas de rebentar a Gladiator Race"
Por Diego Espiño |
-
A primeira 'Gladiator Kids' de Soutomaior reúne a case un milleiro de persoas
Por Redacción |
-
A Gladiator Race pon data á súa edición de 2024: os días 1 e 2 de xuño
Por Alejandro Espiño |