A ruta do I BTTroita quedará sinalizada de xeito permanente
Por Diego Espiño
Máis de 200 ciclistas afeccionados confirmaron xa a súa participación na primeira edición da BTTroita, que se disputará o domingo 18 de maio como anticipo da tradicional Festa da Troita.
A inscripción, limitada ata os 600 participantes para "cuidar al máximo todos los detalles organizativos", como recoñece José Víctor Cimadevila desde a organización, manterase aberta ata o día 12 a través da web www.globaldxt.com ou no Hotel Avenida de Pontevedra.
A BTTroita terá como epicentro a alameda de Ponte Caldelas e nace, segundo asegura o alcalde Perfecto Rodríguez, con vocación de continuidade "para que se converta nunha cita ineludible non mes de maio".
Ademais a ruta, de 38 quilómetros na súa opción longa e 33 na curta, quedará sinalizada de xeito permanente, tal e como anunciou o rexidor na presentación oficial, celebrada na Deputación de Pontevedra.