Cedric Belemene abandona o Peixegalego e marcha a EE.UU
Por Redacción
A historia de Cedric Belemene no Marín Peixegalego chega á súa fin. Despois de catro anos no club marinense, o ala-pívot congolés abandona a disciplina 'peixe' para seguir coa súa formación en Estados Unidos.
Belemene chegou hai catro anos ao club da Raña para formarse nas súas categorías inferiores. Tras protagonizar unha espectacular progresión na súa etapa cadete, na que foi peza clave no subcampionato nacional do Peixegalego, o congolés chegou a ser designado como mellor xogador do Campionato de España Júnior de baloncesto celebrado tamén en Marín.
Cedric xa se asentara no primeiro equipo, que milita na Liga Adecco Prata, e era un dos xogadores formado nas categorías inferiores cos que contaba Javi Llorente de cara á próxima tempada.
Non obstante o xogador, segundo o club marinense, decidiu continuar os seus estudos e a súa carreira baloncestística no país norteamericano. O Peixegalego quixo desexar sorte a Cedric, ao que cualifica de "excelente mozo e dunha grande educación que deixa en moitos de nós un imborrable recordo".
Relacionadas:
-
O Peixegalego repesca a Al Rapier e o Xuven de Cambados incorpora a Austin Ramljak
Por Redacción |
-
O Peixegalego ficha ao aleiro Javier Medori e pensa na volta de Al Rapier
Por Diego Espiño |
-
Norman Rey volve ao Peixegalego seis tempadas despois
Por Redacción |
-
Xuven e Peixegalego avanzan na composición dos seus planteis
Por Redacción |
-
Peixegalego e Xuven xa coñecen o calendario da súa segunda aventura na Liga Adecco Plata
Por Redacción |