Medalla de prata para Víctor Riobó no Nacional de milla en ruta
Por Redacción
Fantástico resultado de Víctor Riobó no Campionato de España de Milla en Ruta, celebrado esta fin de semana na localidade murciana de Porto Lumbreras. O atleta da Sociedad Gimnástica logrou subir ao podio tras finalizar segundo e colgarse a medalla de prata.
Víctor Riobó, que nos últimos dous anos fora campión e subcampión da competición, fixo valer a súa etiqueta de favorito e non se lle escaparon as medallas, conseguindo un magnífico segundo posto.
Concluíu a proba en 4 minutos e 14 segundos. Escapoulle o ouro, que logrou o sevillano David Palacios, por un escaso segundo. Aínda así, o atleta pontevedrés afirmou estar contento polo resultado.
Con este campionato, a Sociedad Gimnástica conclúe unha das súas mellores tempadas, totalizando 199 medallas nos todos os campionatos individuais oficiais, das cales 32 foron en campionatos de España.
Relacionadas:
-
Víctor Riobó proclámase, por terceiro ano consecutivo, subcampión de España de milla en ruta
Por Redacción |
-
Víctor Riobó e Solange Pereira, triunfadores dunha concorrida Milla Urbana San Miguel
Por Redacción & Diego Torrado |
-
O calendario de carreiras en formato 'milla' arranca con dous triunfos para a Gimnástica
Por Redacción |