David Chapela estará polo menos dúas semanas máis de baixa
Por Diego Espiño
Quique Domínguez non poderá contar con David Chapela polo menos durante dúas semanas máis.
Así o aconsellan os servizos médicos tras coñecer os resultados da resonancia magnética á que foi sometido o xogador do Teucro tras caer lesionado en Palma del Río.
Esa resonancia reflexa que ten afectados os tres ligamentos do nocello, con escordaduras de grao dous e tres, polo que se prolongará o seu período de baixa.
Chapela xa se perdeu o choque do pasado sábado ante o Bidasoa, e farao tamén nos partidos a domicilio ante o Maristas Algemesí e na casa ante o Torrelavega.
O obxectivo que se marca o club azul é que poida disputar o derbi do 21 de febreiro en Vigo ante o Academia Octavio, aínda que non se forzará a súa reaparición.
Un caso similar é o de Carlos Pombo, que evoluciona favorablemente da lesión na súa man esquerda pero que, ao ter afectado o tendón, quere evitar riscos que provoquen unha recaída, polo que segue exercitándose a menor ritmo que os seus compañeiros.
Relacionadas:
-
Nin a caseira actuación arbitral frea un Teucro máis líder tras gañar (32-38) ao Maristas Algemesí
Por Redacción |
-
O Teucro, a evitar confianzas na cancha do vicecolista Maristas Algemesí
Por Ramiro Espiño |
-
Iago Gómez convértese en xigante e dá ao Teucro unha vitoria agónica (25-24) sobre Bidasoa
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
Concurso de 'selfies' para promover a campaña de abonados do Teucro
Por Diego Espiño |
-
Chapela e Carlos Pombo perderanse o choque ante o Bidasoa
Por Redacción |