Triunfo reparador do Waterpolo Galaico ante o Náutico de Vigo (27-7)
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A falta de dúas xornadas para a conclusión da liga regular na 1ª División Galega, o CW Galaico cárgase de moral tras unha irregular traxectoria cun contundente triunfo ante o Real Club Náutico de Vigo.
Os pontevedreses impuxéronse dende o primeiro minuto de partido para rematar cun claro 27-7.
A pesar do bo resultado os de Javi de Sáa recoñecen que deberán mellorar se queren loitar polo título no play-off.
Con este triunfo o Galaico clasificouse matematicamente para a fase definitiva.
CW GALAICO PONTEVEDRA (27): Raúl, Rober (4), Aarón (2), Rubén (2), Pablo, Ángel (3), Andrés (7), Juanjo (1), Guille, Bran (2), Juan (1), Manu (3).
RCN VIGO (7): Del Río, Parra, González (1), Amarelo, Lago, Alén, Argibay (1), Fernández, Quintero, Carrera (3), Cabezas (1), Moreno (1), Rial.
Parciais: 7-2, 5-3, 4-1, 11-1.
Incidencias: Partido disputado na piscina do Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra.