Norman Rey seguirá no Peixe Galego
Por Redacción
A modo pero con boa letra. Así avanza o Peixe Galego no que respecta á planificación deportiva da próxima tempada, na que volverá competir na LEB Prata.
O club marinense confirmou este mércores a renovación de Norman Rey, polo que seguirá por segundo ano ás ordes de Javier Llorente.
O ala-pívot volveu a pasada campaña ao Peixe Galego tras seis anos nas filas do Xuventude Cambados e agora, malia a dificultade de compaxinar o seu traballo cunha liga esixente como a LEB Prata, aceptou continuar no club no que se formou.
Tras esta renovación, que se une á de Manu Ferreiro e a volta de Edmond Koyanouba, a dirección deportiva do club espera seguir anunciando novidades durante os próximos días.
Relacionadas:
-
Equipo galego e de canteira no novo proxecto 'peixe'
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Gregorio Adón, terceira renovación no Peixe Galego
Por Redacción |
-
Edmond Koyanouba volve ao Peixe Galego tras o seu paso por LEB Ouro
Por Redacción |
-
Primeiros movementos no Peixe Galego, que renova a Manu Ferreiro e presenta a campaña de socios
Por Redacción |
-
A LEB prata xa ten calendario para unha competición que arrancará o 3 de outubro
Por Redacción |