Edmond Koyanouba volve ao Peixe Galego tras o seu paso por LEB Ouro
Por Redacción
O novo proxecto do Peixe Galego na Adecco LEB Prata empeza a coller forma, e é que tras a renovación de Manu Ferreiro e a fichaxe de Emilio Oubiña, procedente do Xuven de Cambados, o club marinense anunciou este luns unha nova incorporación.
Trátase ademais dun vello coñecido que regresa a Marín para reforzar o xogo interior do equipo, Edmond Koyanouba.
Tras o seu paso pola canteira 'peixe', etapa na que chegou a disputar dous campionatos de España, Edmond xogou no CB Ferrol de Liga EBA e no CB Valladolid de LEB Ouro, equipo co que xogou cinco partidos alcanzando 7,6 puntos e 7,4 rebotes, tras comezar a tempada no filial de EBA.
Ademais este verán foi convocado pola selección o seu país, a República Centroafricana, para disputar o Campionato de África absoluto, onde realizou un bo papel.
Relacionadas:
-
Equipo galego e de canteira no novo proxecto 'peixe'
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Gregorio Adón, terceira renovación no Peixe Galego
Por Redacción |
-
Norman Rey seguirá no Peixe Galego
Por Redacción |
-
Primeiros movementos no Peixe Galego, que renova a Manu Ferreiro e presenta a campaña de socios
Por Redacción |
-
A LEB prata xa ten calendario para unha competición que arrancará o 3 de outubro
Por Redacción |
-
O Peixe Galego presenta sobre a bucina os avais para competir en LEB Prata
Por Redacción |