A LEB prata xa ten calendario para unha competición que arrancará o 3 de outubro
Por Redacción
A Federación Española de Baloncesto, unha vez confirmada a composición da Adecco LEB Prata con 15 equipos, sorteou este mércores o calendario de competición.
A liga arrancará o día 3 de outubro, e farao cun partido en Ávila para o Peixe Galego, ante El Bulevar, e na casa para o Xuven Cambados, que recibirá o Basquet Tarragona.
Os amarelos afrontarán a primeira xornada de descanso na segunda semana de competición, e tamén na xornada 17, mentres os de Marín pararán nas xornadas 7 e 22.
Os duelos de rivalidade entre os dous equipos galegos faranse de pregar ata a xornada 12 (16 de decembro) e a 27 (2 de abril), primeiro en Marín e despois en Cambados.
Para rematar, o Peixe Galego pechará a liga regular o 23 de abril a domicilio na casa do Oliveira Fragata Morón e o Xuven farao no Pombal ante o Viven Getafe.
Consulta aquí o calendario completo da competición.
Relacionadas:
-
Novo calendario para Peixe Galego e Xuven na LEB Prata
Por Diego Espiño |
-
Álex Navajas, experiencia de LEB Ouro para reforzar o xogo interior do Peixe Galego
Por Redacción |
-
Gregorio Adón, terceira renovación no Peixe Galego
Por Redacción |
-
Norman Rey seguirá no Peixe Galego
Por Redacción |
-
Edmond Koyanouba volve ao Peixe Galego tras o seu paso por LEB Ouro
Por Redacción |
-
Primeiros movementos no Peixe Galego, que renova a Manu Ferreiro e presenta a campaña de socios
Por Redacción |
-
O Peixe Galego presenta sobre a bucina os avais para competir en LEB Prata
Por Redacción |