Primeiros movementos no Peixe Galego, que renova a Manu Ferreiro e presenta a campaña de socios
Por Redacción
Superada a parte máis difícil, a de asegurar nos despachos a continuidade do proxecto na LEB Prata, o Peixe Galego empeza a dar pasos na confección do plantel.
O primeiro deles foi confirmar a continuidade do capitán, Manu Ferreiro, que renova o seu compormiso co club marinense por sexta tempada.
Nos próximos días irase desvelando a composición do equipo, que apunta a importantes cambios tras a marcha de xogadores que realizaron unha gran campaña en Marín, caso de Blair, que asinou polo Amics Castelló, ou Rogers e Azotam, con ofertas de equipos de superior categoría.
CAMPAÑA DE SOCIOS
No plano social, o Peixe Galego fixo pública a campaña de socios para a próxima campaña, con importantes descontos durante o mes de agosto.
O prezo dos abonos fixouse en 80 euros para o familiar (dous adultos e dous menores), 40 euros o individual, 25 euros o bonificado (estudantes, xubilados e parados) e 10 euros o infantil (ata os 12 anos).
O lema da campaña é "Faite socio en agosto...te pode saír gratis", e é que os carnés que se retiren durante este mes custarán un 20% menos, aos que se engade un 10% máis de desconto por cada novo socio que se achegue ou para os que vistan unha peza azul ou do Peixe Galego.
Durante o mes de agosto, o club instalará unha mesa na Alameda de Marín durante a mañá dos domingos para facilitar a renovación dos abonos.
Relacionadas:
-
Equipo galego e de canteira no novo proxecto 'peixe'
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Gregorio Adón, terceira renovación no Peixe Galego
Por Redacción |
-
Norman Rey seguirá no Peixe Galego
Por Redacción |
-
Edmond Koyanouba volve ao Peixe Galego tras o seu paso por LEB Ouro
Por Redacción |
-
A LEB prata xa ten calendario para unha competición que arrancará o 3 de outubro
Por Redacción |
-
O Peixe Galego presenta sobre a bucina os avais para competir en LEB Prata
Por Redacción |