O campo a través e as carreiras populares, primeira citas na tempada da Gimnástica
Por Redacción
A Sociedad Gimnástica afronta o vindeiro domingo, 1 de novembro, o inicio oficial dunha tempada atlética na que ten depositadas grandes esperanzas.
Os atletas do club pontevedrés buscan estes días unha boa posta a punto de cara aos seus primeiros obxectivos do curso.
As carreiras populares dominarán as primeiras semanas do calendario oficial, con citas importantes como Negreira (8 de novembro), Vigo +11 (8 de novembro) e San Martiño de Ourense (15 de novembro).
Ademais a Gimnástica estará presente nas primeiras carreiras nacionais de campo a través, como o cros de Atapuerca (15 de novembro), a Espada Toledana (22 de novembro) ou a Constitución de Alcobendas (29 de novembro).
Doutra banda o club pontevedrés apura a composición dos seus equipos absolutos, en especial o masculino que competirá un ano máis en División de Honra, xa que o prazo de fichaxes péchase este sábado 31 de outubro.
Relacionadas:
-
Atapuerca, estrea da tempada de campo a través para a Gimnástica
Por Redacción |
-
O ascenso á Primeira División, reto para o equipo feminino da Sociedad Gimnástica
Por Redacción |
-
Reforzos para o equipo de División de Honra da Gimnástica
Por Redacción |
-
A Sociedad Gimnástica comeza a preparar a tempada de competición
Por Redacción |