Reforzos para o equipo de División de Honra da Gimnástica
Por Redacción
Unha vez rematado o período oficial de fichaxes para a nova tempada atlética, a Sociedad Gimnástica confirmou a incorporación de dez deportistas para reforzar ao seu equipo masculino de División de Honra, que buscará un ano máis a permanencia na máxima categoría.
No club pontevedrés móstranse optimistas coas novas fichaxes ao entender que reforzan probas nas que perderan potencial.
Entre as 10 incorporacións, na súa maioría de atletas galegos, destacan as relativas ás probas de fondo coa idea de renovar á súa vez o equipo de campo a través, que pasou de ser un habitual no podio autómico a quedar sétimo no último Campionato de Galicia.
Entre esta nómina de deportistas atópase Manuel Hurtado, recente gañador do Medio Maratón de Pontevedra, Cristian Díaz, ambos os especialistas en probas de longa distancia, ou o marroquí afincado en Galicia Akka Essaadaoui.
Importante será tamén o galego José Manuel Vila, especialista en xavelina que o pasado ano militaba no campión de División de Honra, o Playas de Castellón.
Ademais á Gimnástica chegan: Adrián Lago (800, 1.500 e 3.000 metros), Óscar Cavia (medio fondo e fondo), Víctor García (800 e 400 metros), José Márquez (probas de velocidade), Javier Guzmán (peso e disco) e Roberto Tello (400 metros e 400 valos).
No capítulo de baixas destaca a de Sergio García, que abandona as filas do club pontevedrés despois de oito anos defendendo as súas cores na División de Honra.
Relacionadas:
-
Á espera de rivais para a primeira xornada da División de Honra de atletismo
Por Redacción |
-
Primeiras mínimas nacionais para os atletas da Gimnástica
Por Redacción |
-
Atapuerca, estrea da tempada de campo a través para a Gimnástica
Por Redacción |
-
O ascenso á Primeira División, reto para o equipo feminino da Sociedad Gimnástica
Por Redacción |
-
O campo a través e as carreiras populares, primeira citas na tempada da Gimnástica
Por Redacción |