Pacheco, Cardeñosa e Adrián Camiño, coa Selección Galega na Copa de Rexións UEFA
Por Redacción
Dous xogadores do Arosa, Adrián Camiño e Cardeñosa, e outro do Ribadumia, Pacheco, participarán esta próxima fin de semana na primeira fase da Copa das Rexións UEFA.
Os tres foron incluídos na convocatoria oficial da Selección Galega adestrada por Manu Fernández para unha competición que provoca a parada da Terceira División esta semana.
A xornada ligueira atrásase ao martes festivo, día 8, data na que xa estarán de volta todos os seleccionados.
A Selección Galega desprázase este venres a Almendralejo, onde o sábado xogará ante a Comunidade Valenciana e o domingo ante Estremadura, con ambos os partidos fixados ás 12:00 horas.
Completan a convocatoria: Viuski (Racing Vilalbés), Diego García (Verín), Yago Vázquez (Choco), David Portas (Rápido de Bouzas), Juan (Cerceda), Pablo Corzo (Barco), Sergio Santos (Rápido de Bouzas), David García (Bergantiños), Sergito (Verín), Cañi (As Pontes), Alfredo (Barbadás), Álex Ares (Cerceda), Álex Pérez (Bergantiños), Hugo García (Barbadás) e Hugo Sanmartín (Choco).
Relacionadas:
-
Osíxeno para o Ribadumia coa súa vitoria (1-3) en Negreira
Por Redacción |
-
Leve respiro do Ribadumia tras golear (3-0) ao Silva
Por Redacción |
-
Empate insuficiente para Alondras e Arosa (0-0)
Por Redacción |
-
A síndrome dos últimos minutos volve atacar ao Ribadumia en Redondela (2-1)
Por Redacción |
-
Nin contra o pechacancelas Ribadeo pode un Arosa ineficaz en ataque (1-1)
Por Redacción |
-
Ribadumia e Selección Galega empatan na Senra (1-1)
Por Redacción |
-
Dous xogadores do Arousa e un do Ribadumia preparan coa Selección Galega a Copa de Rexións UEFA
Por Redacción |