Osíxeno para o Ribadumia coa súa vitoria (1-3) en Negreira
Por Redacción
O Ribadumia vaise de vacacións aínda en postos de descenso, pero coa súa situación na táboa considerablemente aliviada tras impoñerse a domicilio a un rival directo como o Negreira, nun partido clave para o equipo de Sierra, que desta forma consegue encadear por fin dúas vitorias consecutivas na actual tempada, situándose a un só punto da zona de permanencia.
Dous goles de Changui e un de Hugo Jiménez deron o triunfo aos visitantes, mentres que polo Negreira marcou Adrián Quintairos, de penalti.
Esta vez os aurinegros estiveron acertados de face ao gol e moi pronto viron porta. Tan só ían disputados dous minutos de partido cando Changui abría o marcador.
O bo arranque de partido dos visitantes tivo confirmación cando Hugo Jiménez facía o segundo aos 25 minutos, establecendo o marcador co que se chegaría ao descanso.
Ao pouco de renovarse o xogo (minuto 50), Adrián Quintairos reducía distancias, pero Changui encargábase de terminar coas esperanzas do equipo coruñés, facendo o 1-3 definitivo.
Consulta aquí o acta do partido.
Relacionadas:
-
Goleada do Ribadumia ao Órdenes (4-1) para achegarse á salvación
Por Redacción |
-
As expulsións lastran ao Ribadumia ante o Galicia Mugardos (1-1)
Por Redacción |
-
Leve respiro do Ribadumia tras golear (3-0) ao Silva
Por Redacción |
-
A síndrome dos últimos minutos volve atacar ao Ribadumia en Redondela (2-1)
Por Redacción |
-
Pacheco, Cardeñosa e Adrián Camiño, coa Selección Galega na Copa de Rexións UEFA
Por Redacción |