Contra o líder e os elementos na visita do Racing de Ferrol a Pasarón
Por Diego Espiño
Complicada papeleta para o Pontevedra Club de Fútbol na visita este domingo (17:00 horas) do líder, Racing de Ferrol, ao Estadio Municipal de Pasarón.
Se a climatoloxía e o estado do céspede permíteno, os granates buscarán ante un duro rival deixar atrás a xeira negativa de catro xornadas sen gañar, a peor no que vai de liga, e que lle apeou dos catro primeiros postos.
Farano convencidos de poder plantar cara aos ferroláns, que ademais chegan á cita tras non conseguir gañar no seu últimas tres saídas.
Luisito deberá recompoñer o equipo pola ausencia de Kevin Presa por sanción, á que se unen Pablo Carnero por lesión e Mouriño, aínda en proceso de recuperación, pero recupera a Pedro García e a Pablo. O técnico de Teo decidirá a última hora a convocatoria.
Pola súa banda o Racing de Ferrol adestrado por Miguel Ángel Tena está pendente do estado de Diego Maceira e conta coas baixas dos seus dous gardametas, Ian Mackay e Sergio Cabanelas.
O árbitro do encontro, que deberá decidir se finalmente se disputa en función do estado do terreo de xogo, será o madrileño Mario López Fernández-Montes.
Relacionadas:
-
Os agasallos defensivos e a impotencia atacante condenan ao Pontevedra (0-3) fronte un serio Racing de Ferrol
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
Risco de suspensión no Pontevedra-Racing de Ferrol
Por Diego Espiño |
-
Sen acordo entre o Pontevedra e Milo Abelleira no segundo dos xuízos polo seu despedimento
Por Diego Espiño |
-
Pontevedra e Racing, pendentes da enfermaría
Por Diego Espiño |
-
Unha dose de realismo
Por Diego Espiño |