José Siméon, galóns para a dirección de xogo do Peixe Galego
Por Redacción
Primeira fichaxe do Peixe Galego para o seu ilusionante proxecto na liga LEB Ouro.
Tras a renovación de Manu Ferreiro, o club marinense suma a segunda peza ao seu plantel e faino cun xogador que, aos seus 25 anos, atesoura xa unha gran experiencia na categoría.
Trátase de José Simeón, base que chega a Marín tras catro anos no Força Lleida de LEB Ouro, tras formarse no Valencia Basquet, co que chegou a debutar na liga ACB e a xogar competicións europeas.
En Lleida chegou a converterse en capitán do equipo, pero problemas nas costas limitaron o seu rendemento o último ano restándolle protagonismo. Ademais Simeón foi un habitual nas categorías inferiores da Selección Española ata a idade sub-20.
Co seu incoporación o posto de director de xogo 'peixe' queda cuberto á espera de que se vaian confirmando o resto de integrantes do plantel.
Relacionadas:
-
Albert Homs, terceira fichaxe do Peixe Galego
Por Redacción |
-
Gregorio Adón sobe ao proxecto en LEB Ouro e renova un ano máis co Peixe Galego
Por Redacción |
-
O Peixe Galego será "belixerante" ante a decisión de ampliar a 18 equipos a LEB Ouro
Por Diego Espiño |
-
O ala-pívot Javier Múgica, reforzo contrastado para o Peixe Galego
Por Redacción |
-
Arxil e Peixe Galego cumpren o trámite e inscríbense en LF2 e LEB Ouro
Por Redacción |
-
Axuda municipal para o reto de 'Ouro' do Peixe Galego
Por Redacción |
-
Manu Ferreiro, primeira renovación 'peixe' para o seu debut en LEB Ouro
Por Redacción |