O Teucro sae do concurso de acredores pero necesita "urxentemente" 40.000 euros para afrontar pagamentos inmediatos
Por Diego Espiño
O Xulgado dos Mercantil 2 de Pontevedra notificou este xoves á Sociedad Deportiva Teucro a sentenza emitida o pasado 25 de febreiro pola cal aproba a súa saída do concurso de acredores.
"Necesitamos ya 40.000. Podrían pedir el embargo o la liquidación del club"
A noticia, acollida con satisfacción na directiva azul, aprema non obstante ao club a conseguir os recursos necesarios para afrontar a débeda privilexiada con varios ex-xogadores e que quedou excluída do convenio aprobado polo xuíz, como recoñece o presidente teucrista Carlos García-Alén, "necesitamos ya 40.000 euros para pagar los créditos privilegiados. Hay que pagarlos cuanto antes, incluso este mes porque podrían pedir el embargo o la liquidación del club".
Nesta cantidade, salvo unha pequena parte, non se inclúe a débeda con Hacienda e Seguridad Social, entidades coas que se está a negociar unha demora.
Por estas razóns García-Alén asegura que intensificarán a campaña de captación de recursos "(Es un 10) Contigo, sempre Teucro" na que piden pequenos apoios de 10 euros a cambio dunha entrada para un partido da presente tempada, "es pronto para valorar los ingresos pero estamos despertando en la ciudad un sentimiento hacia el Teucro que se había perdido". Dentro desas medidas nos próximos días iniciarase un colecta popular polas rúas da cidade.
Coa saída oficial do consurso de acredores o Teucro reduce sensiblemente a súa débeda, cifrada en 1.610.000, aprazando os pagamentos a 5 anos e dando aire a unha entidade afogada nos últimos tempos, tal e como asegura o propio presidente, "nos va a dar un balón de oxígeno y de vida que el club hace años que no tenía. Entre otras cosas, por ejemplo, ahora podremos firmar contratos con las administraciones".
Relacionadas:
-
Facenda aperta o Teucro e complica o seu futuro inmediato
Por Diego Espiño |
-
A Brilat súmase ao azul do Teucro e a súa campaña Es un 10"
Por Redacción |
-
Dez novos establecementos súmanse á campaña de apoio ao Teucro
Por Diego Espiño |
-
Carlos García Alén: "A continuidade do clube está en xogo, eso é o importante"
Por Diego Espiño |