O Leis trae os tres puntos de Salamanca tras derrotar (6-7) o Frontón San José
Por Redacción
O Leis volveu a retomar a senda do triunfo. Tras seis derrotas consecutivas, o equipo pontevedrés reencontrouse coa vitoria, despois de gañar a domicilio ao Frontón San José de Salamanca por 6-7.
A pesar das dificultades que presentaba a pista na que se xogou o partido, pequena, esvaradía e pegada a un muro de frontón, o Leis púxose á fronte do encontro xa no minuto 12 cun gol de Martín.
Os locais lograron empatar pouco despois por medio de Guancho, pero os pontevedreses poñían terra polo medio grazas a dous goles de Berto e Pablo. Antes do descanso, Tamar colocaba o 2-3 no marcador.
Aos tres minutos de reiniciarse o partido, Víctor ampliaba as distancias para o Leis ao marcar o 2-4. A partir de aí, comezou un período moi convulso no partido. No minuto 29, ata tres goles subiron ao marcador, dous para o San José e un para o Leis, de Miguel. Este volvería marcar un minuto despois para establecer o 4-6.
Dous tantos de Sergio e Rubén poñerían o empate no electrónico, a falta de cinco minutos para o final. O gol da vitoria do Leis chegaría nos últimos segundos, cando Víctor marcou o 6-7 definitivo tras aproveitar unha superioridade numérica por expulsión dun xogador local.
Con esta vitoria, o Leis distánciase dos postos de descenso. Suma oito puntos, catro por encima da zona de perigo.
Relacionadas:
-
Derrotas dos equipos do Leis e vitoria do Cidade de Pontevedra ante o Fisober
Por Redacción |
-
Boa imaxe do Leis Pontevedra ante o Santiago Futsal en Copa Xunta (1-4)
Por Redacción |
-
O Leis, ilusionado con recibir ao Santiago Futsal en Copa Xunta
Por Redacción |
-
O esforzo non se traduce en puntos para o Leis
Por Redacción |