Santi Mariño deixa de ser o adestrador do Pontevedra B
Por Diego Espiño
Os malos resultados do Pontevedra B empuxaron ao club a cambio de rumbo na dirección do filial.
Santi Mariño deixou de ser o adestrador do segundo equipo, penúltimo clasificado no grupo quinto da Primeira Rexional.
"Es lo correcto", sinalou a PontevedraViva o propio Mariño tras pactar a súa saída e depois de ter ofrecido o seu cargo ao club en dúas ocasións previamente.
O responsable deportivo da entidade, Roberto Feáns, reuniuse na mañá deste luns co adestrador para analizar a situación do filial e comunicarlle a postura do club.
Polo momento será o propio Feáns o que se faga cargo do equipo ata a chegada dun novo técnico. En canto a Mariño, a intención do adestrador e do Pontevedra é que poida seguir ligado ao club.
Relacionadas:
-
Volta ao traballo dun Pontevedra que corre o escalafón para cubrir a baixa no banco do filial
Por Ramiro Espiño |
-
Ante o Caudal, a pechar a primeira volta con pleno de vitorias na casa
Por Diego Espiño |
-
O gol non só é cousa de Mario Barco
Por Diego Espiño |
-
Pisa firme o Pontevedra que non dá opción á Arandina e volve gañar a domicilio (0-2)
Por Redacción |
-
Grave tropezo do Marcón e o Pontevedra B asómase ao abismo
Por Redacción |