Bamarti triunfa na casa na lucida estrea do RallyMix de Cuntis
Por Diego Espiño & Diego Torrado
Non podía faltar nunha proba organizada na súa localidade, por iso José Miguel Martínez 'Bamarti' decidiu volver poñer o mono de competición coincidindo coa estrea do RallyMix Cuntis Vila Termal, e a xogada non puido saírlle mellor.
Bamarti logrou o triunfo absoluto na carreira que abría o Campionato Galego ao ser o máis rápido sumando as cinco mangas de competición, e avantaxando en 34.476 segundos ao seu principal perseguidor, Abel Jurado. Completou o podio, cun Yacar Cross do mesmo xeito que os seus rivais Óscar Añón.
O Rallymix de Cuntis arrincou as súas dúas xornadas con lixeiro atraso e contou con algunhas incidencias debido á choiva, pero a experiencia resultou satisfactoria na que foi a súa primeira edición,
Os pilotos completaron dúas pasadas o sábado e outras tres durante a mañá deste domingo a un circuíto de 14 quilómetros que mesturaba pistas de asfalto e de terra.
Nove pilotos víronse obrigados a abandonar, pero outros 43 completaron o RallyMix, incluído José Pazos, coñecido como Pepe Mieres e que tras 27 anos sen competir subiu a un coche de carreiras co alcalde de Cuntis, Manuel Campos, como copiloto para pechar a clasificación. Ambos foron mellorando os seus tempos en cada unha das mangas, e é que o hastag que promocionaba a carreira xa o avisaba, #OlloConPepe.
Consulta aquí a clasificación final oficial do I RallyMix Cuntis Vila Termal.
Relacionadas:
-
O piloto andorrano Albert Llovera apadriña o segundo RallyMix Cuntis Vila Termal
Por Redacción |
-
A Garda Civil impide participar no RallyMix de Cuntis a tres vehículos dados de baixa por despezamento
Por Redacción |
-
#OlloConPepe, o cura e o alcalde no Rallymix de Cuntis
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Espectáculo asegurado no I Rallymix Cuntis Vila Termal
Por Redacción |