David Goldar, investigado tras a denuncia dunha moza a Santi Mina por un presunto abuso sexual
Por Redacción
A recente fichaxe do Pontevedra David Goldar viuse involucrada no presunto caso de abusos sexuais do que foi acusado Santi Mina, dianteiro vigués do Valencia.
Segundo transcendeu este xoves, Goldar declarou o pasado sábado 17 nun xulgado de vera (Almería) en calidade de investigado.
Trátase do mesmo xulgado que investiga a denuncia presentada por unha muller contra Mina, que foi detido na madrugada do venres 16 de xuño na localidade almeriense de Mojácar.
Foi a Cadena Ser a que destapou o caso no seu momento, aludindo á denuncia presentada pola presunta vítima que sinalaba que a muller tería pasado a noite con David Goldar nun local de lecer accedendo voluntariamente a marchar con el a unha caravana. Alí, segundo o testemuño da moza, Santi Mina tería aparecido espido e efectuolle tocamentos en presenza do seu amigo, o actual futbolista do Pontevedra, a pesar da oposición da denunciante.
Tras ser detido e retido no calabozo da Garda Civil, Santi Mina pasou a disposición xudicial, quedando despois en liberdade sen fianza.
A denuncia vira en torno ao xogador do Valencia, pero o xuíz investiga a David Goldar sen determinarse polo momento se o fai como presunto colaborador ou por omisión do deber de socorro. En nigún caso faino como autor dos presuntos abusos.
A versión que defenden ambos os futbolistas, segundo explica o Diario Marca, é que as relacións sexuais terían sido consetidas en todo momento.
Relacionadas:
-
David Goldar, absolto no xuízo por abuso sexual contra Santi Mina, ao que condenan a 4 anos de prisión
Por Diego Espiño |
-
O ex-granate David Goldar sentará no banco o luns 28 de marzo no xuízo ao celtista Santi Mina por presunta agresión sexual
Por Diego Espiño |
-
A Fiscalía non formula acusación contra o ex-granate David Goldar no xuízo ao celtista Santi Mina por presunta agresión sexual
Por Diego Espiño |
-
A xuíza abre sumario contra o ex-granate David Goldar e o celtista Santi Mina por unha presunta agresión sexual
Por Diego Espiño |
-
Jorge Hernández e Jimmy, novos xogadores do Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Jacobo Trigo e Bonilla despídense do Pontevedra
Por Diego Espiño | Creada e actualizada
-
Dobre fichaxe no Pontevedra, que se fai cos servizos de Miguel Ángel e Carlos Ramos
Por Diego Espiño |
-
David Goldar, reforzo do Pontevedra para o eixo central da defensa
Por Diego Espiño |