David Goldar, absolto no xuízo por abuso sexual contra Santi Mina, ao que condenan a 4 anos de prisión
Por Diego Espiño
A Audiencia de Almería absolveu ao ex-xogador do Pontevedra Club de Fútbol, David Goldar, no xuízo por abuso sexual no que tivo que sentar no banco xunto ao futbolista vigués Santi Mina, do Celta de Vigo, acusado de abuso sexual a unha muller en xuño de 2017 en Mojácar.
No que respecta ao defensor de Portas, a Fiscalía desestimara o pasado mes de xuño presentar cargos contra el propoñéndoo unicamente como testemuña oral, pero si os mantivo a acusación particular ao entender que fora cooperador necesario, polo que reclamaba pena de cárcere.
Con todo o tribunal exonerou o actual defensa da UD Ibiza. Non fixo o mesmo co seu amigo Santi Mina, ao que condenou a catro anos de prisión por un delito de abuso sexual, impoñéndolle ademais unha orde de afastamento de 500 metros con respecto á vítima durante 12 anos e o pago dunha indemnización de 50.000 euros.
A maxistrada do caso si desestimou a petición cara ao vigués dun delito de agresión sexual, polo que o Ministerio Fiscal pedía oito anos de prisión e a acusación particular nove anos e medio de cárcere.
Segundo explícase na sentenza, que pode ser recorrida #ante a Sala de apelación do Tribunal Superior de Xustiza de Andalucía, considéranse probados os abusos sexuais despois de que a vítima facilitase na vista oral "un testemuño rotundo, abundante en detalles e coincidente no substancial e esencial co que previamente manifestara en sede policial e en sede de instrución".
Relacionadas:
-
O ex-granate David Goldar sentará no banco o luns 28 de marzo no xuízo ao celtista Santi Mina por presunta agresión sexual
Por Diego Espiño |
-
A Fiscalía non formula acusación contra o ex-granate David Goldar no xuízo ao celtista Santi Mina por presunta agresión sexual
Por Diego Espiño |
-
A xuíza abre sumario contra o ex-granate David Goldar e o celtista Santi Mina por unha presunta agresión sexual
Por Diego Espiño |
-
David Goldar, investigado tras a denuncia dunha moza a Santi Mina por un presunto abuso sexual
Por Redacción |