Continuidade na campaña de abonados do Cisne para a súa terceira tempada en Prata
Por Diego Espiño
"Ti es o xogador que nos falta", reza o lema da nova campaña de abonados do Club Cisne Balonmán para a súa terceira tempada consecutiva na División de Honra Prata.
O club pontevedrés quere consolidar a súa masa social por encima do medio milleiro de socios (520 o pasado curso polos apenas 200 que tiña o ano do ascenso) e se é posible seguir crecendo tentando "recuperar a gente que ha colaborado con nosotros en su momento", explicou o seu presidente, Santiago Picallo.
En canto aos prezos, mantéñense sen apenas cambios. Só na categoría xuvenil experiméntase unha lixeira subida de 5 euros.
Desta forma o prezo dos carnés do Cisne é o seguinte:
CATEGORÍA | PREZO |
Senior | 60 euros |
Familiar | 50 euros |
Xubilados | 40 euros |
Universitarios | 30 euros |
Xuvenís | 15 euros |
Simpatizantes | 10 euros |
Os abonos darán dereito a todos os partidos de liga e tamén ao primeiro partido da Copa do Rei que o equipo xogue como local, mentres con que co carné de simpatizante poderase acceder a dous encontros ao longo da competición ligueira. Para máis información www.clubcisne.es.
Relacionadas:
-
Tripla presentación do Cisne para completar o seu plantel
Por Diego Espiño |
-
O Cisne pon fin ao seu descanso estival e comenza coa pretemporada
Por Alejandro Espiño & Cristina Saiz |
-
O Cisne arrancará a liga o 9 de setembro na pista do Sinfín cántabro
Por Redacción |
-
O pivote Daniel Ramos, presentado oficialmente como novo xogador do Cisne
Por Diego Espiño |
-
Daniel Tolmos reforza a primeira liña do Cisne
Por Redacción | Creada e actualizada