Irene Trabazo, satisfeita coa súa primeira participación mundialista
Por Diego Espiño
O debut de Irene Trabazo nun Campionato do Mundo de Ciclocrós non foi todo o positivo que podía esperar a deportista marinense, pero aínda así declárase "satisfeita" coa experiencia vivida.
Así o recoñeceu en declaracións á Real Federación Española de Ciclismo tras concluír a carreira sub-23 na localidade holandesa de Valkenburg, onde se disputaba o Mundial.
A ciclista do Marín-Ottoman finalizou no posto 34 da súa categoría despois de ter que superar problemas mecánicos, en concreto coa cadea da súa bicicleta.
"Tiven unha boa saída e o circuíto hoxe estaba para non cometer erros. Na segunda volta caéuseme a cadea, tiven que montala e tardei un pouco porque estaba moi chea de barro. Tamén tiven que parar a limpar as rodas. Ao principio atopeime ben, pero despois faltoume gasolina. Foi o meu primeiro Mundial, oxalá veñan máis", explicou Trabazo en verbas recollidas esta vez pola Federación Galega de Ciclismo.
Irene cruzou a meta a 7 minutos e 50 segundos da vencedora e gran favorita, a británica Evie Richards que se fixo así co seu segundo cordón mundial.
A outra deportista convocada pola Selección Española na categoría sub-23 feminina foi Luisa Ibarrola, que finalizou no posto 36.
Relacionadas:
-
O ciclocrós vólvese internacional en Marín
Por Redacción |
-
Irene Trabazo e Iván Feijóo estrean a tempada galega de ciclocrós vencendo en Poio
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Irene Trabazo asina en Nommay o seu mellor papel na Copa do Mundo de ciclocrós
Por Redacción |
-
Irene Trabazo, convocada para o Campionato do Mundo de Ciclocrós
Por Diego Espiño |
-
Irene Trabazo colga a medalla de prata no Campionato de España de Ciclocrós
Por Redacción |