Participación récord na Subida a Ponte Caldelas
Por Redacción
A terceira edición da Subida a Ponte Caldelas sorprendeu pola súa alta inscrición, superando amplamente a media de 50 de participantes habitual nas probas do Campionato Galego de Montaña.
Nesta ocasión, a proba automobilística que se celebrará este sábado 4 e o domingo 5 de agosto contará con ata 75 pilotos inscritos, entre os que se atopan nomes históricos a nivel autonómico como Santi Abad, Alberto Camba, Paco Outeda ou Manolo Piñeiro.
Esta circunstancia obrigará a que as saídas se dean cada 30 segundos en lugar do minuto habitual para poder cumprir co programa competitivo previsto pola escuadra Buxa Motor e o Concello de Ponte Caldelas, organizadores do evento.
A Subida a Ponte Caldelas estrea ademais trazado, de 4,2 quilómetros de lonxitude e saída na estrada autonómica PO-244 (Ponte Caldelas-Soutomaior) para virar pola vía provincial cara Rebordelo e, antes de Barbudo, volver virar á esquerda pola pista municipal que vai á Esfarrapada, onde se sitúa a meta.
A proba contará con seis mangas de competición que se repartirán entre as xornadas de sábado (desde 15:30 horas) e domingo (desde as 9:30 horas).
Relacionadas:
-
Alexis Viéitez non dá opción aos seus rivais ao vencer nas dúas mangas finais da Subida a Ponte Caldelas
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Alexis Viéitez e Pablo Rey, nun pano nas dúas primeiras mangas da Subida a Ponte Caldelas
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Medio cento de pilotos participarán en agosto na terceira Subida a Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
Cambio de trazado para a terceira edición da Subida a Ponte Caldelas
Por Redacción |