O ruso Antón Demchenko, vencedor do VI Torneo Internacional de xadrez
Por Redacción
O Torneo Internacional Cidade de Pontevedra de Xadrez organizado pola Escola Xadrez Pontevedra chegou este martes ao seu fin despois de sete xornadas de emocionante competición.
Fíxoo certificando a segunda vitoria dun xogador ruso nas súas seis edicións, ao proclamarse vencedor o Gran Mestre Antón Demchenko.
O xogador ruso certificou o triunfo final nunha partida ante Manuel Pena, mentres que o outro aspirante, Venkatesh enfrontábase a Marius Manolache, noutra das mesas nun final totalmente aberto.
O ruso, sabedor dos seus mellores coeficientes de desempate, só necesitaba sumar medio punto para proclamarse campión, e despois dun intenso tira e afrouxa iso foi o que sucedeu.
Na terceira mesa o interese suscitado non era menor, a nova promesa peruana Kevin Cori debía derrotar ao búlgaro Petkov, non só para consolidar a súa terceira praza, senón para cumprir o último requisito que lle permitiría entrar no selecto e reducido grupo da Gran Mestría.
Ademais de Manuel Pena, sexto na clasificación final, outro galego, Julio Suárez coábase entre os mellores da clasificación dun torneo que repartiu 11.500 euros en premios, 2.000 deles para o vencedor Demcheko.
Relacionadas:
-
A Escola Xadrez Pontevedra despide o ano celebrando a VIII Edición do Memorial Ramón Escudeiro Tilve
Por Redacción |
-
Chega á súa fin a cuarta aventura solidaria da Escola Xadrez Pontevedra en Jordania
Por Redacción |
-
A sexta edición do Torneo Internacional Cidade de Pontevedra, toda unha festa do xadrez
Por Redacción |
-
Simultáneas como aperitivo do Torneo Cidade de Pontevedra de xadrez
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Pontevedra, sede do torneo de maior nivel de toda a historia do xadrez galego
Por Alejandro Espiño |