Davor Cutura ve no Teucro "mucho potencial y un proyecto que a mí me ilusiona"
Por Diego Espiño
É a fichaxe con máis peso da Sociedad Deportiva Teucro esta campaña, e está chamado a ser un dos homes fortes do equipo, por experiencia e calidade, para buscar a permanencia na Liga Asobal.
Davor Cutura compareceu este luns ante os medios de comunicación para valorar a volta ao club no que se fixo un nome en campo profesional entre os anos 2001 e 2005, e ao que regresa tras unha longa traxectoria en España e tamén a nivel internacional, cunha última etapa de tres tempadas na liga francesa.
"Llevo intentando y deseando volver en los últimos años", asegurou debido á súa forte vinculación coa cidade, pero "era muy complicado porque todos sabemos cómo está el balonmano en España", sinalou tamén facendo referencia á situación económica que aínda loita por superar o Teucro.
Davor Cutura: "Llevo intentando y deseando volver en los últimos años"
"Nunca me marché de Pontevedra, porque conocí aquí a mí mujer y mis hijos crecieron aquí", recoñeceu.
Cutura vén "a dar todo y ayudar para que este club sea lo que se merece", asegura, algo que fará como xogador e tamén na base, na que adestrará o equipo infantil da entidade.
O central serbio cre que o club pontevedrés "tiene mucho potencial y un proyecto que a mí me ilusiona", polo que non se arrepinte de tomar a decisión de volver.
Coa permanencia como gran obxectivo, Davor cre que se está a realizar un bo traballo na pretempada e que hai que ir "partido a partido", sempre pensando que existe un grupo que "puede luchar de tú a tú con todos los equipos de Asobal".
FASE FINAL DA COPA GALICIA
A penúltima semana da pretempada conta para o Teucro cunha cita marcada no calendario de encontros de preparación, a fase final da Copa Galicia que se disputará os días 1 e 2 de setembro no Rosal.
Os azuis enfrontaranse en semifinais da competición autonómica ao BM Lalín o sábado 1 de setembro, e no caso de gañar afrontaría a final o domingo 2 ás 13:00 horas ante o vencedor do duelo entre Atlético Novás e Cangas.
Relacionadas:
-
O Teucro estrea un 'punto azul' na rúa Rosalía de Castro
Por Redacción |
-
Teucro e Cangas á final da Copa Galicia ao vencer a Lalín e Novás
Por Redacción |
-
A fase final da Copa Galicia, última proba para o Teucro antes do inicio da Liga Asobal
Por Redacción |
-
Ademar León impón a súa superioridade ante un digno Teucro (36-25)
Por Redacción |
-
Fischer, Cangiani e Suárez detectan boas sensacións na pretempada do Teucro
Por Redacción |
-
A fase final da Copa Galicia espera o Teucro tras a súa vitoria en Chapela
Por Redacción |
-
O Teucro vence á calor e o ABC Braga para sumar un novo triunfo en pretempada (31-34)
Por Redacción |