O Voleibol Pontevedra recupera o seu equipo sénior masculino
Por Redacción
Despois de varias tempadas de ausencia, o Club Voleibol Pontevedra volverá contar cun equipo sénior masculino participando en competición federada.
É polo menos a intención da entidade pontevedresa, que amplía a súa estrutura e co conxunto sénior-xuvenil masculino pasará a contar con 10 equipos repartidos entre as diferentes categorías femininas e masculinas, desde idade infantil.
Todos estes equipos retoman esta mesma semana a actividade para preparar a tempada que está a piques de comezar.
Os adestramentos das diferentes categorías levaranse a cabo durante os próximos meses no pavillón da Xunqueira I mentres duren as obras de reforma do Multiusos, convidando desde o club para participar a todas as persoas que lles interese coñecer este deporte.
Relacionadas:
-
O Voleibol Pontevedra non logra frear o Calasancias e perde 0-3 na Xunqueira
Por Redacción |
-
RADIO.- Conversas na Ferrería: Mozos, o voleibol non só é para o verán
Por Marisa Ciordia |
-
O volei praia estrea torneo no Mercantil
Por Redacción |
-
Gran papel do Club Voleibol Pontevedra no campionato de España alevín
Por Redacción |