O Marcón salva un punto 'in extremis' e arranca un empate ante o Unión O Grove (1-1)
Por Redacción
Despois da esmagadora derrota ante o Moaña, o Marcón Atlético consegue sumar un punto ante o USD O Grove, que non pasaba polo seu mellor momento con seis derrotas consecutivas.
A igualdade foi a tónica que marcou todo o partido. Tanto foi así que o primeiro gol, que lles daba vantaxe aos visitantes no Carrasco, non chegou ata o 32' da primeira metade. Nesta ocasión, foi grazas a unha acción de Antón Camiña, que colocaba o 0-1 no marcador.
Así, o encontro íase ao descanso coa vitoria provisional dos do Grove. Finalmente, tras o paso polos vestiarios, chegou a quenda dos locais, que despois de manterse por baixo toda a segunda parte, a un minuto do final, empataron cun gol de Iván.
Consulta a acta do Marcón Atlético-USD O Grove.
Pola súa banda, o Villalonga non conseguiu plantarlle cara ao Pontellas, un dos pesos pesados de Preferente, en San Campio. O cadro pontevedrés, con todo, continúa na parte baixa da táboa e, con esta última, acumula xa 9 derrotas.
A pesar de que o Pontellas foi superior, o partido foise ao descanso cun empate a ceros e non foi ata o 74' que Yago anotou o gol que lle outorgaría a vitoria aos locais.
Consulta a acta do Pontellas-Villalonga.
Contra todo pronóstico, o Moaña superou ao Beluso (quinto na clasificación) esta fin de semana en As Laxes.
O encontro comezou xa coa superioridade visitante, que aos cinco minutos de xogo anotou o primeiro tanto cunha acción de Castela. O segundo, que lle outorgaba unha vantaxe máis cómoda aos de Moaña, chegou no 25', cando Darío marcou o 0-2. Así se iría ao descanso o partido, coa vitoria provisional dos do Morrazo.
Tras o paso polo vestiarios, Richi conseguiría sumar o primeiro tanto local no 57', recortando distancias no marcador (1-2). Con todo, no 76', Hugo Nogueira marcou o 1-3, que facía máis complicada a remontada dos bueuenses. Finalmente, a catro minutos do termo, Julio estableceu o definitivo 2-3.
Consulta a acta do Beluso-Moaña.
Na Lagoa disputouse esta fin de semana o choque entre o Mondariz (14º na clasificación) e o Xuventú Sanxenxo, que non pasa polo seu mellor momento desde o comezo do curso. Nesta ocasión, o cadro local foi superior aos do Salnés en todos os sentidos.
Durante a primeira parte, foron dous os goles anotados polos de Mondariz: un deles por Varela, no 30', e outro por Pichu, 6 minutos despois. Así, o partido íase ao descanso coa vantaxe local.
Na segunda metade, o primeiro gol foi dos visitantes, que conseguiron recortar distancias, pero non chegar a empatar o marcador. O tanto foi de Dieguito, no 73'. Cando parecía que o 2-1 ía ser o definitivo, no último minuto, Jesús estableceu o 3-1 da vitoria.
Consulta a acta do Mondariz-Xuventú Sanxenxo.
Esta fin de semana, o Amanecer enfrontouse en Lampáns ao Antela, último clasificado de Preferente cunha soa vitoria en quince xornadas. Nesta ocasión, un gol de Augusto no último minuto de xogo daba a vitoria aos locais cando parecía que o partido terminaría cun empate a ceros. Pola súa banda, e ao mesmo tempo, o colexiado expulsou do campo ao adestrador visitante, Moisés Pereiro, e a Julián.
Consulta a acta do Amanecer-Antela.
Finalmente, o líder de Preferente, o Juventud Cambados derrotou ao Velle, que levaba tres xornadas sen coñecer a derrota, en Burgáns. Así, o cadro pontevedrés afiánzase na súa primeira posición con 32 puntos, a un do Pontellas.
Os dous goles foron anotados na segunda parte. O primeiro por Paco Reigosa no 49' e o segundo por Ramón dez minutos despois.
Relacionadas:
-
O Marcón Atlético gaña ante o Velle no Carrasco (2-0)
Por Sofía Lorenzo |
-
Jony, del Antela, amarga la jornada al Marcón Atlético (3-0)
Por Redacción |
-
O Marcón cae por goleada ante o CD Moaña (4-0)
Por Redacción | Creada e actualizada
-
O Marcón logra a súa segunda vitoria consecutiva nun vibrante derbi ante o Xuventú Sanxenxo (3-1)
Por Redacción |
-
Despois de tres xornadas sen coñecer a vitoria, o Marcón imponse ao Villalonga (0-1)
Por Sofía Lorenzo |