O Arxil morre na beira ante o líder invicto, o Celta (64-76)
Por Sofía Lorenzo & Diego Torrado
Despois de tres vitorias consecutivas, chegou a gran proba para o Arxil, un dos derbis da categoría. Este sábado recibiu ao líder invicto de Feminina 2, o Celta Zorka, ante o que as de Mayte Méndez trataron de manter, por todos os medios, a boa dinámica das últimas xornadas. A pesar de que era un reto complicado para as pontevedresas, mantiveron o tipo no CGTD e, aínda con este último resultado, continúan fóra de perigo de fronte ao resto da tempada.
Comezaron fortes as pontevedresas, que, apoiadas, unha vez máis, en Gala Mestres (22 puntos), conseguiron dominar o primeiro cuarto e gañar unha vantaxe de dous puntos antes do ecuador do primeiro tramo de partido (20-18). O seguintes dez minutos non foron igual de bos para as de casa, xa que varios erros no xogo en ataque, sumados ao duro bloque defensivo das súas rivais, minguaron, en certa medida, as esperanzas da bancada local cando chegou o descanso (29-39).
O paso polos vestiarios sentou estupentamente ás arxilistas. Tirando de orgullo e amparadas, de novo, pola súa afección, estas lograron reducir distancias e poñerse, xusto antes do comiezo do último tramo do choque, a un só punto do empate.
Co 49-50 no marcador, as de Méndez vían posible o que, a priori, non o parecía (derrotar ao líder invicto). Pero morreron na beira. Un último cuarto dominado polas do Celta Zorka disipou calquera probabilidade nos minutos definitivos (64-76). Con todo, a pesar de non conseguir os dous puntos, as pontevedresas deixaron constancia do bo momento que atravesan.
A próxima semana enfrontaranse ao AD Cortegada. Outro dos derbis da tempada que se disputará, de novo, no Centro Galego de Tecnificación Deportiva.
Relacionadas:
-
Un punto que dá alas ao Arxil ante o GDKO Ibaizábal (66-67)
Por Sofía Lorenzo |
-
A falta de gasolina no último cuarto condena o Arxil ante o Cortegada (60-72)
Por Sofía Lorenzo & Mónica Patxot |
-
O Arxil vence o Cerdanyola e abandona os postos de descenso (47-65)
Por Sofía Lorenzo |
-
O CB Arxil despide o ano ao grande ante o Segle XXI (63-62)
Por Sofía Lorenzo |