Un fantástico inicio de partido permite o Poio derrotar o Móstoles na casa (3-2)

Por Sofía Lorenzo
Importante vitoria do Poio Pescamar esta fin de semana no Municipal da Seca, onde recibiu ao Móstoles (rival directo), equipo da metade da táboa ao que derrotaron as pontevedresas con comodidade no partido da primeira volta. E volveron facelo, esta vez cun axustado 3-2, conseguindo dar un paso máis para colocarse máis preto do líder da categoría.
Un moi bo inicio das de Dani Díaz permitíalles facerse rapidamente co control do xogo. En apenas tres minutos anotaron os dous primeiros goles do partido, o primeiro obra de Jenny Lores, cun disparo desde os 10 metros despois dun roubo de balón, e o segundo de Cárol, desde o bordo da área.
Así, estas puxéronse xa ao principio, e con contundencia, por diante no marcador. A partir dese momento, as visitantes lograron crear varias accións perigosas, pero sen chegar a materializarse en portería. Así, ante a falta de acerto das últimas, o choque foi ao descanso coa cómoda vitoria provisional das locais (2-0).
A segunda parte comezou igual que terminou a anterior: cun claro dominador. Aproveitando a súa superioridade na pista e por medio de Ale de Paz, as anfitrioas anotaron o 3-0 tras un pase de Jessi nunha xogada á contra. Con todo, ante a renda de tres goles, as do Móstoles reaccionaron cunha xogada de Carmen Alonso, que se beneficiou dunha perda de balón e sumou o primeiro (3-1).
Con dez minutos aínda por diante, as convidadas aumentaron a súa intensidade de xogo en busca de, polo menos, a repartición de puntos, por iso optaron polo xogo de cinco. Así, lograron, de novo, por medio de Alonso, o 3-2 no último minuto de encontro, algo que as privaba da oportunidade para continuar pelexando polo empate e obrigábaas a abandonar Pontevedra coas mans baleiras.
A próxima semana, as do Poio viaxarán a Jerez de la Frontera para medirse ao Guadalcacín, equipo ao que derrotaron as pontevedresas no partido da primeira volta na Seca.
POIO PESCAMAR (3): Silvia; Ale de Paz, Jenny, Dany, Cárol (quinteto inicial), Iria Saeta, Ceci, Jessi, Irene García e Lidiane.
MÓSTOLES (2): Miri; Alicia Benete, Patri Chamorro, Inma, Celia (quinteto inicial), Carmen Alonso, Desi, Rocío e Silvia.
Goles: 1-0 Jenny Lores (2'), 2-0 Cárol (3'), 3-0 Ale de Paz (26'), 3-1 Carmen Alonso (30') e 3-2 Carmen Alonso (40').
Árbitros: Feliz Otero e Cardero Rodríguez, do colexio galego, que mostraron cartulina amarela a Jessi, do Poio Pescamar, e a Carmen Alonso, do Móstoles.
Relacionadas:
-
O Burela mantense firme no seu liderato tras golear ao Poio Pescamar (5-1)
Por Sofía Lorenzo |
-
Tres novos puntos ante o Roldán para un Poio que pelexa polo máis alto (2-0)
Por Sofía Lorenzo & Diego Torrado |
-
Éxito de participación no segundo Desafío de Porteiros organizado polo Poio Pescamar
Por Redacción |
-
Paso atrás do Poio Pescamar que se estrela ante a boa defensa do Guadalcacín (0-0)
Por Redacción |
-
Inesperada derrota do Poio Pescamar ante un rival asequible, o Sala Zaragoza (2-1)
Por Redacción |
-
Cómodo triunfo do Poio Pescamar sobre Viaxes Amarelle (3-0) que o leva ao cuarto posto
Por Redacción & Diego Torrado |