Polbo, churrasco e fútbol para lograr que Pasarón mostre "aspecto de partido importante"
Por Diego Espiño
"Se tiene que ver un ambiente que demuestre que la afición y la ciudad está despierta y que está enchufada con el equipo". Con esas palabras Luismi define o que espera sexa o aspecto do Estadio Municipal de Pasarón o vindeiro domingo (17:00 horas) no duelo "vital" ante o San Sebastián de los Reyes.
En xogo estarán moito máis que tres puntos, xa que no caso de gañar "adelantas a un rival directo y también aprietas a los de arriba", recoñece no obxectivo de meterse entre os catro primeiros para disputar a fase de ascenso.
É por iso que"desde el club están haciendo todo lo posible para que la gente se anime y las gradas de Pasarón muestren un aspecto de partido importante, como lo es", explicou o técnico sobre a iniciativa posta en marcha para animar as horas previas ao choque.
En concreto desde a entidade granate impulsan unha xornada popular que se celebrará desde as 12:00 horas nos arredores do estadio e no que se poderán atopar, entre outras cousas, polbo, churrasco e cervexa para todos os asistentes.
Trátase dunha cita "muy importante", reitera Luismi, aínda que cre que "hasta el final no se van a decidir quiénes van a ser los cuatro primeros o quién va a ser campeón" dada a igualdade máxima do Grupo I da Segunda B, con 7 equipos separados por unha estreita marxe de 5 puntos.
A mellor noticia para o preparador pontevedrés será que, salvo imprevisto, poderá contar por segunda xornada consecutiva con todo o plantel dispoñible. Só Pedro Vázquez adestrou a principios de semana a menor ritmo, pero espérase que non teña ningún problema para chegar en perfectas condicións á fin de semana.
Relacionadas:
-
Tres puntos para soñar dun enorme Pontevedra ante o Sanse (3-1)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
Pasarón recibe os afeccionados do Pontevedra no pincho previo partido ante o Sanse
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Duelo directo ante o Sanse para un Pontevedra que quere subir ao tren do play- off
Por Diego Espiño |
-
Os nenos e nenas ingresados no Hospital Provincial reciben a visita de xogadores e adestradores do Pontevedra
Por Redacción |
-
Promoción para socios e desconto nas entradas para a 'final' do Pontevedra ante o UD Sanse
Por Redacción |
-
A pelexa polo play-off máis apertada das últimas décadas
Por Diego Espiño |
-
David Castro e Edu achegan ao Pontevedra ao play-off á conta do Fabril (0-1)
Por Ramiro Espiño |