Dobre medalla para a Escola Hungaresa de Esgrima en Portugal
Por Redacción
A Escola Hungaresa desprazouse a pasada fin de semana á localidade portuguesa de Caldas da Rainha para participar no WAC 2019, un evento de ámbito
internacional que reúne as principais modalidades de deportes de combate.
Entre elas atópase a esgrima histórica, modalidade na que participou o club pontevedrés con notables resultados.
Javi García, Manuel Vilariño e Carlos Torres representaron á Escola Hungaresa empezando a xornada coa proba de espada ropera e daga. Manuel Vilariño logrou avanzar ata a final, onde se topou co francés Jean Gröel, ao que venceu nun apertado enfrontamento para facerse co ouro (10-9). Nesta proba ademais Carlos Torres cedeu en cuartos de final ante o seu compañeiro de equipo e Javi García caía en oitavos de final.
A xornada proseguiu coa modalidade de espada ropera, onde Javi García repetiu resultado, caendo en oitavos de final. Manuel Vilariño non lograba pasar de cuartos nesta ocasión, mentres que Carlos Torres logrou avanzar ata a gran final, onde se enfrontou tamén ao francés Jean Gröel, vencendo no tocado final.
Dobre medalla de ouro que supón un gran resultado para o grupo de esgrima histórica de Pontevedra que xa prepara, como anfitrión, a organización do 3º Torneo da Liga Galega HEMA o vindeiro sábado 4 de maio.
Relacionadas:
-
Duelo de espada a cegas, a idea da Escola Hungaresa para adaptar a esgrima a persoas con discapacidade visual
Por Redacción |
-
Colección de medallas para a Escola Hungaresa no Criterium Nacional de Esgrima de Leganés
Por Redacción |
-
A Escola Hungaresa suma unha dobre medalla de bronce no Campionato de España Infantil de Esgrima
Por Redacción |
-
A pontevedresa Pilar Garnelo repite medalla de bronce no Trofeo Internacional Sant Jordi de esgrima
Por Redacción |
-
A Escola Hungaresa aposta pola esgrima a cegas
Por Redacción |