A quinta edición da Pontevedra 4 Picos contará con 1.500 participantes
Por Redacción
O ciclismo BTT volverá reclamar protagonismo este mes de maio na Boa Vila coa celebración da quinta edición da Pontevedra 4 Picos Bike.
A cita será de novo un éxito de participación, ao pechar a súa inscrición preto do límite de prazas habilitado pola organización, a empresa Global DxT, xa que contará con case 1.500 ciclistas nas súas diferentes opcións.
A proba, non competitiva, celebrarase o vindeiro sábado 11 de maio con saída no Recinto Feiral de Pontevedra.
Desde alí os deportistas comezarán un camiño de ata 125 quilómetros na súa versión máis longa, con ascensións por esta orde aos altos do Monte Castrove, Monte Acibal, A Fracha e Monte Xaxán, mentres que os que optaron pola versión curta (60 quilómetros) completarán as dúas primeiras subidas.
A inscrición máis numerosa é a de 4 Picos individual seguida pola categoría de 2 Picos individual. Tamén tivo moito éxito este ano a categoría por parellas, sinala a organización.
Na Pontevedra 4 Picos Bike participarán bikers de Cáceres, Asturias, Cantabria, Sevilla ou Madrid, e tamén chegados desde o país veciño, Portugal.
Os deportistas da opción longa tomarán a saída ás 8:30 horas, mentres que ás 9:00 horas será a quenda de carreira curta de 60 quilómetros.
Relacionadas:
-
1.500 valentes conquistan os catro picos de Pontevedra
Por Sofía Lorenzo |
-
O monte está nas mellores condicións para recibir aos 1.500 participantes dos 4 Picos
Por Oskar Viéitez |
-
Ciclismo en estado puro na segunda edición da 4 Picos Road
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Éxito de participación na cuarta edición da Pontevedra 4 Picos
Por Redacción |