Alejandro Ramos e Raquel Miguens, campións de España de badminton
Por Redacción
Os xogadores do Club Badminton Ravachol Pontevedra seguen cultivando éxitos deportivos. Dous deles, Alejandro Ramos e Raquel Miguens, proclamáronse campións de España na categoría de dobres mixtos no campionato sénior que se celebrou esta fin de semana en Pollença (Mallorca).
Os pontevedreses derrotaron na final ao catalán Daniel García e á malagueña Eva Perálvarez, nun partido de infarto que se resolveu en tres sets.
Tamén nos dobres mixtos, Cristina González, formando parella con Luís Veloso do club Athlos, levou a medalla de bronce.
No individual feminino, pola súa banda, Raquel Miguens non puido revalidar o título conseguido a pasada tempada, aínda que levou a medalla prata.
A cuarta e última medalla para o Ravachol Pontevedra foi no torneo do dobre feminino tras alcanzar a terceira praza a parella formada por Raquel Miguens e Cristina González.
Doutra banda, en Oviedo disputouse o máster nacional sub 17, con participación de Natalia Murio, que non puido superar a fase de grupos ao non alcanzar o seu mellor nivel de xogo debido a unha amigdalite.
Tras estes grandes resultados, o club céntrase no campionato de España absoluto e sub 11 que se disputará a próxima fin de semana no pavillón Príncipe Felipe de Pontevedra.
Relacionadas:
-
O bádminton do CGTD colleita catro medallas no europeo de Ankara
Por Redacción |
-
O Bádminton Ravachol comeza coas renovacións no seu equipo de Primeira Nacional
Por Redacción |
-
Tripla medalla de bronce para o Ravachol Pontevedra na festa do bádminton nacional
Por Redacción & Diego Torrado |
-
O badminton nacional buscará os seus novos campións en Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
Natalia Murio vence no máster de Medina del Campo de bádminton
Por Redacción |
-
Raquel Miguens mantense no trono do bádminton autonómico
Por Redacción |
-
O Ravachol Pontevedra, protagonista no Campionato Galego Sénior de Bádminton
Por Redacción |