Pontevedra será candidata para acoller a final das Series Mundiais de tríatlon

© Xan Xiadas

© Nacho Fuentes
Animado polo "éxito absoluto" que supuxo o ITU Multisport 2019 que comprendeu cinco mundiais de tríatlon, o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, anunciou que a cidade do Lérez será candidata para acoller a gran a final das series mundiais de tríatlon.
Este ano 2019 a final disputarase na cidade suíza de Lausana, para o 2020 será a vila canadense de Edmonton, en 2021 será en Bermudas e no 2022 Abu Dabi, nos Emiratos Árabes Unidos. O Concello de Pontevedra tentará que para o 2023 a sede deste evento sexa a Boa Vila. O comité organizador elixirá a sede a finais de ano entre as candidaturas presentadas de todos os recunchos do planeta.
A final das Series Mundiais culminará a tempada de campionatos mundiais ITU onde se coroarán campións mundiais, xuvenís, sub23 e de paratriatlón. A cidade daría a benvida a máis de 5.000 atletas en tres días de competición, ademais da masiva asistencia de público.
Lores comentou que Pontevedra ten a "vantaxe" da experiencia adquirida estes dez días coa organización do ITU Multisport 2019 onde "todo foron parabens" dos membros da Unión Internacional de Tríatlon (ITU).
O alcalde de Pontevedra insistiu no "éxito absoluto" tanto desde o punto de vista deportivo como "de público, de proxección da cidade e tamén económico". Ademais apuntou o rexedor que "o máis importante" é o "sentimento de orgullo" de toda a cidadanía "por ter capacidade de organizar con tanto éxito un campionato destas características".
Fernández Lores agradeceu a todas as persoas que participaron na organización así como pola acollida que brindaron os pontevedreses a todos os participantes e visitantes.
A valoración de todas as delegacións internacionais e da propia ITU recoñeceu que este Multisport 2019 "foi o mellor mundial celebrado ata agora", destacou Lores.
Finalmente o alcalde vinculou este resultado con "un modelo de cidade que permite celebrar eventos destas características" e que nos próximos meses dará cabida a novas citas deportivas como son o Mundial Júnior de Balonmán, Campionato de Europa de Loitas Olímpicas e o circuíto pro-circuíto de tríatlon, en categoría elite.
Turistas nas terrazas
O alcalde de Pontevedra insistiu no "éxito absoluto" tanto desde o punto de vista deportivo como "de público, de proxección da cidade e tamén económico".
© Mónica Patxot
Relacionadas:
-
Reaccións á designación de Pontevedra como sede das Series Mundiais de tríatlon: "Os soños fanse realidade"
Por Diego Espiño |
-
"Broche de ouro" de Pontevedra co tríatlon: Acollerá a Gran Final das Series Mundiais en 2023
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Pontevedra presenta a súa candidatura para acoller a Gran Final das Series Mundiais de tríatlon en 2023
Por Diego Espiño |
-
Os campións mundiais do ITU Multisport de Pontevedra manterán o seu título ata 2021
Por Diego Espiño |
-
Un ano despois de ser o centro de atención do tríatlon mundial
Por Diego Espiño |
-
Pontevedra non falla á súa cita co calendario de competicións da Federación Española de Tríatlon
Por Diego Espiño |
-
O ITU Multisport de tríatlon, unha experiencia irrepetible para Pontevedra cun final de conto
Por Diego Espiño |
-
Un triatleta portugués que foi prata no ITU Multisport de Pontevedra dá positivo por dopaxe
Por Diego Espiño |
-
O tríatlon nacional estreará outra nova competición en Pontevedra, o Campionato de España Contrarreloxo Individual
Por Diego Espiño |
-
A ITU dálle "matrícula de honor" á organización dos Mundiais Multideporte de Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
VÍDEO.- Presentan a primeira edición do Pro Tour de tríatlon que acollerá Pontevedra en outubro
Por Diego Espiño |
-
Pontevedra desborda na derradeira xornada do Mundial de Tríatlon
Por Redacción |
-
Pontevedra vibra nun multitudinario fin de festa do ITU: "Palabra que isto algún día se repetirá"
Por Redacción & Xan Xiadas |
-
VÍDEO.- Pontevedra explota de xúbilo co ouro mundial de Gómez Noya e a prata de Pablo Dapena
Por Diego Espiño & Xan Xiadas |