Vídeo promocional do Pro Tour Tríatlon de Pontevedra
© Concello de Pontevedra
VÍDEO.- Presentan a primeira edición do Pro Tour de tríatlon que acollerá Pontevedra en outubro

Por Diego Espiño

© PontevedraViva
Pontevedra acollerá os días 12 e 13 de outubro a estrea dunha nova competición de tríatlon pensada para impulsar "la profesionalización de los triatletas".
Trátase da primeira edición do Pro Tour da Federación Española de Tríatlon, unha proba de dous días na que participarán os 40 mellores triatletas nacionais da tempada tanto en categoría masculina como feminina, e entre eles "creemos que van a estar los mejores porque hemos trabajado la fecha con ellos", explicou o presidente da federación nacional, José Hidalgo, sobre nomes como Javi Gómez Noya, Pablo Dapena, Mario Mola, Fernando Alarza, Saleta Castro, Carolina Routier, etc.
Hidalgo, acompañado na presentación polo alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, e o secretario xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, José Ramón Lete, sinalou ademais que "no imagino mejor marca en el mundo para empezar una aventura como esta que Galicia y Pontevedra".
A gran final do Pro Tour de tríatlon, pensada para que "sea un espectáculo", organizarase en dúas xornadas. A primeira, bautizada como '40x15' constará de dúas carreiras en formato supersprint (200 metros de natación, 10 quilómetros de bicicleta e 2 quilómetros de carreira a pé) consecutivas, tendo que volver á auga ao finalizar o primeiro tramo de carreira. En cada unha das transicións os 5 últimos clasificados quedarán descualificados ata terminar só con 15 triatletas en competición no sector final.
Pola súa banda no segundo día, tamén en formato supersprint, disputaranse dúas eliminatorias de 20 triatletas no que só os 10 primeiros de cada unha pasará á carreira final. A suma dos resultados de ambas as xornadas determinará a clasificación final.
Competirán no Pro Tour de Pontevedra os 17 primeiros clasificados (categoría masculina e feminina) do Campionato de España Sprint, os 17 primeiros do Campionato de España en Distancia Olímpica, os 4 mellores triatletas nacionais do ranking internacional a final de ano, 1 deportista por categoría a proposta do director técnico da carreira e 1 deportistas máis a invitación da cidade organizadora.
Como colofón "los premios serán los más altos que se han dado nunca en España", confirmou José Hidalgo, cunha bolsa de premios de 37.000 euros.
A proba estará centrada "no marco do río Lérez, entre a ponte dos Tirantes e a pasarena Peatonal", explicou o alcalde, que se mostrou agradecido pola confianza da Federación Española ao ofrecerlle organizar a primeira edición do evento.
Relacionadas:
-
A choiva obriga a reformular o Pro Tour de tríatlon, que se concentra nunha intensiva xornada de sábado
Por Diego Espiño |
-
VÍDEO.- Así será o percorrido do Pro Tour de tríatlon que se estrea en Pontevedra
Por Redacción |
-
O Pro Tour de tríatlon redondea a súa estrea en Pontevedra con tres campións mundiais e un cartel de luxo
Por Diego Espiño |
-
As derradeiras prazas do Pro Tour, en xogo no Nacional da Coruña
Por Redacción |
-
O tríatlon nacional estreará outra nova competición en Pontevedra, o Campionato de España Contrarreloxo Individual
Por Diego Espiño |
-
Gómez Noya, Mola, Alarza e Miriam Casillas, entre os deportistas con praza para o Pro Tour de Pontevedra
Por Redacción |
-
O Concello avanza que se poñerá ao día coas subvencións deportivas "dentro deste ano"
Por Diego Espiño |
-
A ITU dálle "matrícula de honor" á organización dos Mundiais Multideporte de Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Pontevedra será candidata para acoller a final das Series Mundiais de tríatlon
Por Oskar Viéitez & Nacho Fuentes |