O Peixe segue na loita polo ascenso tras gañar o HLA Alicante na casa (91-86)
Por Sofía Lorenzo & Diego Torrado
Ao Peixe Galego, despois de dúas vitorias consecutivas, que o levaron ata a sexta praza dos play-off, tocoulle un último reto, difícil á vez que satisfactorio. Con moito en xogo (xa que optaban a meterse entre os cinco primeiros postos para a segunda eliminatoria), recibiu este sábado na Raña ao líder do grupo, o HLA Alicante, para desputar o partido definitivo da primeira fase do play-off.
Desta forma, os pontevedreses gañaron na casa, e por segunda vez este ano, a un dos mellores da categoría.
Comezou moi igualado o choque. O acerto de cara a canastra por parte de ambos os conxuntos permitiu que o primeiro cuarto terminase cun axustado, e favorecedor para os locais, 25-24 no marcador. Durante o seguintes dez minutos, a dinámica non foi distinta.
Os de Marín, apoiados, sobre todo, na efectividade de Sevillano (máximo anotador do partido con 23 puntos) e Jorge Romero (19), conseguiron aumentar un pouco máis a súa renda e irse, así, ao descanso cunha vantaxe de tres puntos (44-41), que convidaba o optimismo.
Coa reanudación, o cadro visitante gañou en intensidade, tanto no plano ofensivo como na defensa, o que supuxo un problema para os de Javi Llorente. Os alacantinos reduciron distancias, chegando ao último tramo do envite cun 61-69 e con todo ao seu favor.
Sen embargo, os de casa non baixaron os brazos. Coa vitoria entre cella e cella, deron aos visitantes onde máis doía e metéronse o partido no peto. Finalmente, un arrollador 30-17 no últimos dez minutos, ovacionado pola bancada da Raña, terminaba de coroar aos galegos (91-86).
Acaba o Peixe a primeira eliminatoria cunha vitoria de moito mérito que podería ser, perfectamente, o reflexo da boa tempada que desempeñaron en LEB Prata e, aínda máis, tendo en conta que se trata dun equipo recentemente ascendido.
Aínda lles queda aos pontevedreses unha última proba, que se desenvolverá entre os días 18 e 25 de maio. O seu rival será o equipo manchego do Villarrobledo. O que gañe a eliminatoria será novo equipo de LEB Ouro.
Relacionadas:
-
Marín celebra que o Peixe xa é de LEB Ouro
Por Sofía Lorenzo & Diego Torrado |
-
A emoción do posible ascenso do Peixe Galego a LEB Ouro, tamén desde a Alameda
Por Redacción |
-
O Peixe pon un pé na LEB Ouro ao derrotar o Villarrobledo (87-71)
Por Sofía Lorenzo & Diego Torrado |
-
O soño do ascenso para o Peixe Galego, a só dous partidos
Por Diego Espiño |
-
O Peixe recupérase na segunda parte e gaña ao Basket Azuqueca en Guadalajara (75-81)
Por Sofía Lorenzo |
-
Vashil Fernández desempata no último segundo e fai gañador ao Peixe ante o Real Murcia (73-71)
Por Redacción |
-
O Peixe dúrmese tras o descanso e cae ante o CB Almansa (81-62)
Por Sofía Lorenzo |
-
O Peixe é superior no choque directo ante o Básquet Girona na Raña (82-72)
Por Sofía Lorenzo & Diego Torrado |