O Teucro despídese de Asobal caendo ante o Benidorm (29-33)
Por Sofía Lorenzo & Diego Torrado
Xa sen nada en xogo, despois da derrota da pasada semana ante o Cangas, o Teucro recibiu no Municipal ao BM Benidorm. Os pontevedreses non conseguiron, polo menos, poñer fin á tempada cunha vitoria en casa.
Tres foron os minutos que resistiu o equipo anfitrión e mantívose por diante. Desde ese momento (4-4), foi o alacantino o que, tras darlle a volta, soubo soster o resto do encontro, a vantaxe suficiente para levar os dous puntos. Os de Luís Montes, aínda que durante boa parte do primeiro período non se separasen dos segundos no marcador, a medida que ía pasando o tempo, vían como esa marxe ía crecendo ata alcanzar un parcial en contra de cinco tantos á chegada do descanso (13-18).
A segunda metade, a pesar de que, nun principio, desenvolvésese igual que a anterior, concluíu de forma moito máis axustada. Dez minutos ‘parvos’ do cadro valenciano permitiron que as táboas case chegasen ao electrónico (27-28) pouco antes do asubío final. Con todo, quedou en nada. Cinco goles case consecutivos dos segundos finiquitarían as posibilidades de remontada, ademais do choque (29-33).
Por parte do equipo teucrista, unha vez máis, foi Cútura o máximo goleador (6 tantos) e, pola do visitante, Rubén Marchán. O pivote manchego, cos seus 8 goles, converteuse nunha auténtica dor de cabeza para os galegos.
Agora, non queda outra que pensar na próxima tempada en División de Honra Prata e comezar a preparala canto antes. E máis, tendo en conta a alta probabilidade de reestruturación que se aveciña. Tres son os xogadores que o propio club xa confirmou, non estarán o ano que vén (Sergio Pérez, Fischer e Rial) e todo parece indicar que a eles sumaráselles unha boa parte do plantel.
Relacionadas:
-
Luis Montes, renovado como adestrador do Teucro para a próxima tempada
Por Redacción |
-
Xornada de trámite e despedidas para o Teucro na visita do Benidorm ao Municipal
Por Redacción |
-
Rial, Fischer e Sergio Pérez, primeiras baixas confirmadas polo Teucro
Por Redacción |
-
O Teucro xa é equipo de Honra Prata ao caer ante o Cangas (25-24)
Por Sofía Lorenzo & Diego Torrado |