A Infanta Doña Elena vence na primeira xornada do Trofeo Almirante Rodríguez Toubes
Por Sofía Lorenzo
A vitoria da embarcación patroneada pola Infanta Dona Elena, o Erica, puxo punto final á primeira xornada do Trofeo Almirante Rodríguez Toubes disputado durante esta fin de semana en Sanxenxo.
Esta primeira parte da proba comezou este sábado coa presenza do Juan Sebastián Elcano fronte á praia de Silgar. Ademais, o buque escola da Armada, que exerceu de barco visor do Comité de Regatas, foi o encargado de realizar o bocinazo de saída. A frota dirixiuse, en primeiro lugar, rumbo á baliza de desmarque, situada nas inmediacións de Portonovo, e, comezar, a continuación, a navegar cara ao interior da Ría de Pontevedra, para finalizar na illa de Tambo.
Os primeiros compases foron decisivos. Os que se dirixiron, inicialmente, ao centro da ría, viron como o Bribón, co Rey Emérito Juan Carlos ao mando, tentaba recuperarse dunha discreta saída cunha aproximación a terra. Así, conseguiu ir, aos poucos, recuperando posicións, ata alcanzar ao Ian de César Elízaga, patroneado por David Mais, e poñerse terceiro. En primeiro posto terminou o Erica, que xa comezou con forza e mantivo a súa vantaxe ata o final.
O domingo pola mañá disputarase a segunda parte da regata entre Marín e Sanxenxo, que poñerá punto final á cita náutica.
Relacionadas:
-
O Bribón do Rei Juan Carlos aproveita unha táctica fallida de Erica da Infanta Elena e faise co título
Por Sofía Lorenzo |
-
O Juan Sebastián Elcano deixa pegada na Ría de Pontevedra: así foi o seu paso por Sanxenxo
Por Redacción |
-
Os Reis eméritos e a infanta Elena, de cea en Sanxenxo
Por Redacción |
-
Sanxenxo xa goza da visita do Juan Sebastián Elcano
Por Redacción |
-
Os Reis eméritos, por primeira vez xuntos en Sanxenxo
Por Redacción |