Inmellorables resultados da Gimnástica no Galego Absoluto de atletismo
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/65f/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/5d3372df2a-20190720-saiz-cgtd-campeonato-gallego-atletismo-0116.jpg)
© Cristina Saiz
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/231/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/5d3372e562-20190720-saiz-cgtd-campeonato-gallego-atletismo-0310.jpg)
© Cristina Saiz
O CGTD acolleu, este sábado, a primeira xornada do Campionato Galego Absoluto de Atletismo, no que participan máis de 400 atletas. A pesar de que a maior parte deles procede de diferentes zonas de Galicia, tamén acudiron á cita un bo número de lusos e ingleses.
A bancada das instalacións pontevedresas enchéronse de afeccionados e interesados nas diferentes probas que se desenvolveron durante todo o día.
A actividade comezou ao redor das 10:10 horas coa competición de 5.000 metros marcha masculina en pista, na que Dani Chamosa, da Gimnástica de Pontevedra conseguiu facerse co ouro, seguido por Manuel Morales, do Marineda Atlético. O seu compañeiro Roi Surribas cruzou a liña de meta en terceiro posto. Á primeira hora, o club pontevedrés xa sumaba dúas medallas.
Iria Filgueira logrou o bronce na seguinte proba, martelo de 4 quilos. Pola súa banda, Raúl Cortizo sumou o segundo ouro ao seu equipo ao conseguir un resultado de 1.94 en salto de altura. A continuación, ás 11:20 horas, Manuel Hurtado terminou primeiro a carreira de 5.000 metros cun tempo de 14:35.03. O mesmo bo resultado tivo Víctor Gallego, que foi o mellor en lanzamento de peso, seguido en terceiro posto polo seu compañeiro Francisco Javier Guzmán.
Sandra Carballo fíxose coa primeira prata da xornada en lanzamento de disco. E o mesmo fixo Eugenia Gil na proba de 800 metros feminina (2:16.06). En salto de lonxitude dous pontevedreses subiron ao podio: Raúl Cortizo coa prata e David Ferrer co bronce.
En definitiva, unha xornada inmellorable para os atletas pontevedreses.
Consulta os resultados do Campionato Galego Absoluto de Atletismo.
Xornada inmellorable dos atletas pontevedreses no Galego de atletismo
O CGTD acolleu, este sábado, a primeira xornada do Campionato Galego Absoluto de Atletismo, no que participan máis de 400 atletas. A pesar de que a maior parte deles procede de diferentes zonas de Galicia, tamén acudiron á cita un bo número de lusos e ingleses
© Cristina Saiz
Relacionadas:
-
Manuel Hurtado, da Ximnástica, prata no Campionato de Europa Máster
Por Redacción |
-
O saltador Jean Marie Okutu logra o bronce no campionato de España
Por Manu Otero |
-
Todo Marcón volve botarse a correr
Por Sofía Lorenzo & Diego Torrado |
-
O marinense Nicolás García logra un décimo posto no Europeo Sub-20 de atletismo
Por Redacción |
-
A elite do atletismo galego compite este sábado en Pontevedra
Por Manu Otero |
-
A Gimnástica suma experiencia no Campionato de España Sub-20 de atletismo
Por Redacción |
-
Andrea González, brillante medalla de prata para a Gimnástica no Campionato de España Sub-23
Por Redacción |