Primeiro partido de liga para o Teucro no que se enfronta a un recén ascendido

Por Almu Dapena
A Sociedade Deportiva Teucro desprázase a Málaga esta fin de semana para disputar o primeiro partido de liga en División de Honra Prata despois do descenso producido na tempada anterior.
Cunha profunda remodelación no plantel e a recente incorporación del serbio Nikola Perovic ao club, o Teucro viaxa a terras andaluzas con 16 xogadores para enfrontarse a un Ciudad de Málaga recentemente ascendido.
A pesar diso, o adestrador teucrista, Luis Montes, quixo destacar a "grandísima plantilla" coa que conta Curro Lucena, adestrador malagueño, na que despuntan as catro fichaxes realizadas este verán e os xogadores do ano pasado que continúan no club.
Despois dunha boa pretemporada, o obxectivo do cadro pontevedrés é traer os dous puntos a casa nun primeiro encontro "que siempre es una incógnita" e no que probablemente non se vexa a mellor versión do equipo pero que Montes espera que "sea suficiente para poder competir".
Con respecto a Perovic, a súa recente incorporación fai tan só 15 días supón que o período de axuste ao resto do plantel sexa un pouco máis longo, pero enseguida estará listo para competir ao mesmo nivel que o resto.
O encontro disputarase o sábado ás 20:00 en Ciudad Jardín e estará dirixido polos colexiados Roberto Carlos Mendoza Roldán e Juan Pablo Visciarelli Lareo.
Relacionadas:
-
Pesadelo dun lamentable Teucro ante o Villa de Aranda (23-33)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
O Teucro pasa a primeira proba en Honra Prata ante o Ciudad de Málaga (19-23)
Por Sofía Lorenzo |
-
O Teucro tingue Pontevedra de azul
Por Manu Otero |
-
Os xogadores do Teucro comezan o Día Azul gozando como nenos
Por Manu Otero |
-
O Teucro quenta o seu debut en liga cun día azul na cidade
Por Manu Otero |
-
Nikola Perovic resolve os seus problemas co visado e incorpórase xa ao Teucro
Por Redacción |