Tono Campos, distinguido como mellor deportista masculino nos Premios Deporte Galego
Por Redacción
A Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia fixo públicos este venres os Premios Deporte Galego correspondentes ao ano 2018, no que se distinguen a 22 persoas e entidades polos seus méritos deportivos.
Un dos galardóns máis importantes recaeu no grovense Tono Campos, campión mundial de piragüismo maratón que recibirá o premio a mellor deportista masculino. O padexeiro do Breogán, que en 2018 conseguiu a medalla de ouro no Mundial celebrado en Vila Verde (Portugal), vén de repetir éxito recentemente en China onde fixo dobrete cos primeiros postos nas probas absolutas de C-1 e C-2.
Campos compartirá o recoñecemento principal coa atleta ribeirense Ana Peleteiro, mellor deportista feminina.
Ademais outros dous deportistas da comarca recibirán distincións. Trátase da futbolista pontevedresa Teresa Abelleira como deportista revelación xunto ás súas compañeiras Malena Mieres e Nuria Rábano, e do regatista Pedro Ameneiro como mellor equipo masculino xunto ao vigués Martín Wizner, campións do Mundo da clase 420 de vela (en 2018 na categoría sub-17).
Os Premios Deporte Galego serán entregados o próximo 28 de novembro nunha gala que se celebrará no Auditorio Municipal de Lalín.
Esta é a relación completa de galardoados:
- Mellor deportista feminina: Ana Peleteiro (atletismo)
- Mellor deportista masculino: Tono Campos (piragüismo)
- Mellor deportista feminina con discapacidade: Susana Rodríguez (tríatlon) e Desirée Vila (atletismo)
- Mellor deportista masculino con discapacidade: Francisco Pérez (atletismo)
- Mellor equipo feminino: Burela FS (fútbol sala) e Atlético Guardés (balonmán)
- Mellor equipo masculino: Martín Wizner e Pedro Ameneiro (vela)
- Mellor equipo de deportistas con discapacidade: Fundación Celta Integra (fútbol)
- Mellor entidade na promoción do deporte base: Club Balonmán Lalín
- Mellor adestrador: Xulio José Conde (ciclismo BTT)
- Mellor árbitro: Zulema González (fútbol)
- Mellor labor informativo: Convivir Deportivo (CRTVG)
- Mellor evento: Campionato do Mundo Cadete de Xadrez en Santiago de Compostela
- Patrocinio: Estrela Galicia
- Mellor deportista revelación: Malena Mieres, Teresa Abelleira e Nuria Rábano (fútbol)
- Premio ao xogo limpo: Martín Liste (atletismo)
- Premios Galicia Saudable: '100.000 motivos de peso' (Narón), JIM Sport e o CEIP Plurilingüe Tirán
Relacionadas:
-
A Federación Española de Piragüismo galardoa a Tono Campos pola súa exitosa tempada
Por Redacción |
-
O piragüismo galego despide o ano repartindo premios
Por Redacción |
-
Prata para Tania Álvarez e un segundo ouro para Tono Campos na última xornada do Mundial de Maratón
Por Almu Dapena |
-
Ouro para Tono Campos e bronce para Pablo Crespo e Diego Piñeiro no Mundial de Maratón
Por Almu Dapena | Creada e actualizada
-
Os arousáns Diego Romero e Tono Campos asinan o primeiro dobrete para España no mundial de maratón
Por Manu Otero |