O Leganés deixa sen opcións o Arxil no terceiro cuarto (71-43)
Por Redacción
O Club Baloncesto Arxil regresou á competición ligueira para enfrontarse ao Leganés no partido correspondente á 13 xornada de Liga Feminina 2.
O encontro comezou para as de Pontevedra, que levaron a iniciativa para finalizar o primeiro cuarto cunha vantaxe de tres puntos de diferenza (14-17). Xa ao comezo do segundo, o Leganés, liderado por Rakovic (30 puntos), poñía o pé no acelerador e lograba o seu maior diferencia ata o momento (25-17), con todo, o Arxil conseguía salvar as distancias cun tiro de Rosendal e chegar ao descanso cun resultado de 29-23.
Despois do intermedio, comezou o desastre das de Mayte Méndez que non conseguían ver aro. Foron Carla Fernández e Forster as únicas que conseguiron anotar neste terceiro cuarto conseguindo tan só 8 puntos fronte aos 20 do seu rival.
Chegaban os últimos 10 minutos e o partido estaba practicamente sentenciado a favor do Leganés. Rakovic facía o que quería, mentres que o Arxil agarrábase aos lanzamentos de Rosendal e de Cristina Diaz, ambas con doce puntos, para facer menos avultada a derrota.
Finalmente, o partido concluíu cun avultado 71-43 que supón a décima derrota do Arxil esta tempada.
Consulta as estatísticas do Leganés-Arxil na seguinte ligazón.
Relacionadas:
-
Mal comezo da segunda volta para o Arxil que cae na súa visita ao Celta (80-61)
Por Redacción |
-
O Arxil encara a segunda volta de liga coa necesidade de sumar vitorias
Por Redacción |
-
O Arxil ficha a ala-pívot arxentina Johanna Puchetti
Por Redacción |
-
O Arxil gaña o Trofeo Cidade de Pontevedra ante o Carmelitas de Ourense
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
O Cortegada leva o derbi fronte o Arxil (69-77)
Por Redacción |
-
Dura derrota do Arxil na súa visita ao Real Canoe (76-61)
Por Almu Dapena |